OBRAS
A avenida da Maía de Bertamiráns gañará espazo peonil e novo mobiliario urbano
O Concello investirá 345.488 euros para mellorar as beirarrúas ata o límite municipal con Brión

O Goberno municipal mellorará as beirarrúas da avenida da Maía. / Cedida
Redacción
O Concello de Ames dá continuidade ao proxecto de acondicionamento e mellora das beirarrúas da avenida da Maía, en Bertamiráns, ata o límite municipal co concello de Brión. O orzamento é de 345.488,94 euros (IVE incluído). Ademais, vaise rematar a renovación das beirarrúas da principal vía de Bertamiráns, desde a rotonda do cruzamento da avenida da Peregrina ata a rúa Paraxó, en dirección Santiago. Neste caso, o orzamento ascende a 224.016,44 euros.
Mellora da pavimentación da estrada
Estes proxectos contemplan a mellora estética e funcional das beirarrúas, incrementando o espazo para uso dos peóns, a colocación de novo mobiliario urbano e a mellora da pavimentación da estrada.
O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, lembra que a primeira fase xa se realizou en 2024, "e agora quedan outras dúas: unha xa se atopa en fase de licitación e a terceira e última está incluída dentro do POS+ 2026, que foi aprobado no pasado mes de febreiro. Nestas tres actuación vanse investir máis de 800.000 euros".
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- 50 familiares, varias generaciones y un mismo apellido: la familia Blanco vuelve a reunirse en A Estrada
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- La orquesta gallega que sale al escenario sin saber qué canciones tocará: 'El público decide la verbena
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical