Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PROPOSTA

A Laracha mobiliza máis dun millón de euros do remanente para renovar iluminación e vías

A proposta inclúe tamén a reforma do almacén do campo de fútbol A Porta Santa de Paiosaco

Praza do Concello da Laracha.

Praza do Concello da Laracha. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Laracha

O goberno local da Laracha elevará ao pleno a proposta de aprobación dun suplemento de crédito por importe de 1.063.242,49 euros que se financiará con cargo ao remanente de tesourería co obxectivo de destinar eses recursos á execución de investimentos financeiramente sustentables.

Os proxectos e iniciativas que se financiarán con ditos fondos inclúen a renovación da iluminación pública no paseo marítimo de Caión, a expropiación dos terreos afectados polo Plan Especial do Igrexario de Lestón, que transformará a contorna da igrexa de San Martiño, a reforma do almacén do campo de fútbol A Porta Santa de Paiosaco e unha serie de melloras en infraestruturas viarias nas parroquias de Cabovilaño, Torás, Lendo, Vilaño, Lestón e Soandres.

Outro dos asuntos ditaminados en comisión informativa foi a proposta de modificación puntual da Relación de Postos de Traballo (RPT), cuestión que se enmarca na potestade organizativa do Concello para adaptar a súa estrutura ás necesidades actuais dos servizos municipais e garantir unha prestación máis eficiente á cidadanía.

TEMAS

Tracking Pixel Contents