Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

LITERATURA

Luz Pozo Garza ao completo nunha novela detectivesca

Cristina Negreira recompila a obra da académica nunha orixinal mestura de ensaio e novela policial

Cristina Negreira sostendo un exemplar do seu libro

Cristina Negreira sostendo un exemplar do seu libro / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

O ensaio e a novela policial danse a man en Pozo Garza: a Luz máis alá da poesía. O libro publicado por Cristina Negreira é dun ensaio divulgativo sobre Luz Pozo Garza cunha estrutura de novela detectivesca que inclúe prosas, poesías e ilustracións da autora. Ao remate de cada capítulo un código QR envía ao lector a unha páxina web onde pode escoitar un pódcast sobre os achados da detective protagonista. A través desta combinación de investigación e ficción, Cristina Negreira pretende ofrecer unha nova maneira de achegarse á figura de Luz Pozo Garza, reivindicando facetas menos coñecidas da autora e poñendo en valor a amplitude da súa produción literaria e artística.

A novela relata o proceso de investigación sobre a traxectoria de Luz Pozo dende un punto de vista persoal e recompila moitas publicacións de Luz que van máis alá da poesía. A mestura de dous xéneros tan afastados como o ensaio e a novela detectivesca responde ás intencións de Cristina Negreira de adaptar a súa investigación para o público xeral: "Son profesora de instituto e sempre estou pendente de captar a atención dos alumnos. Tamén traballei de xornalista e son consciente de que este formato resulta máis sinxelo de ler".

O punto de partida da novela son as publicacións de Luz Pozo en tres revistas literarias. A autora traspasa as fronteiras do papel ao final de cada capítulo cun pódcast a modo de diario, no que a protagonista da novela grava os seus achados a medida que avanza a súa investigación: "É un libro pensado dende tres formas de acceder a el: lendo, escoitando os audios e observando as ilustracións orixinais de Luz".

Autora de ampla traxectoria

A autora é Cristina Negreira, nicrariense de nacemento, profesora de literatura e filóloga investigadora. Realizou un douturamento en literatura e publicou unha tese doutoral sobre a obra de Pozo Garza, figura coa que se sinte moi identificada ao compartir unha traxectoria profesional moi similar. Pola súa parte, Luz Pozo é unha das figuras máis importantes da literatura galega, recoñecida principalmente pola súa obra poética e a súa labor na Real Academia Galega. Malia isto, a obra da poetisa vai máis alá dos versos, xa que tamén publicou ensaios e ilustracións que se recompilan neste libro. Nel podemos atopar máis de cen ilustracións que somerxen ao lector na obra plástica de Pozo Garza, unha artista multidisciplinar.

Tracking Pixel Contents