MEDIO AMBIENTE
A veciñanza de Carballo recicla a ritmo de máis de 1.000 quilos de aceite ao mes
A rede municipal conta con 26 colectores no casco urbano e 14 distribuídos polas parroquias do rural

Á dereita, un dos 40 colectores de aceite distribuídos por Carballo. / Cedida
O Concello de Carballo reforza o seu compromiso coa sustentabilidade urbana e a protección do medio ambiente mediante a mellora do servizo público de recollida selectiva de aceite vexetal usado.
Froito do acordo de mellora coa empresa xestora autorizada Green Ambiental S.L., a rede municipal incorpora un novo punto de recollida na contorna da capela de San Paio, en Entrecruces, co cal acada un total de 40 colectores distribuídos entre o casco urbano e as parroquias. Esta mellora realízase sen ningún custo adicional para as arcas municipais.
A rede municipal de recollida distribúese estratexicamente para dar cobertura a todo o municipio. Na zona urbana hai 26 colectores situados nas principais avenidas e rúas comerciais ou de servizo dos diferentes barrios.

Contedor de recollida de aceite ubicado no local social de Sísamo. / Cedida
Os 14 colectores restantes cobren as distintas parroquias e contornas do rural carballés. Ademais do situado no Punto Limpo de Bértoa e do novo contedor na capela de San Paio (Entrecruces), hai puntos de recollida nas parroquias de Sísamo, Noicela, Lema, Verdillo, Artes, Sofán, Rus, Goiáns, Cances, Rebordelos e Razo (2).
Aforro de emisións de CO2
Segundo o certificado histórico de xestión, ao longo do ano 2025 recolléronse no concello carballés un total de 15.635 quilos de aceite doméstico usado. "Esta correcta xestión evitou a contaminación potencial de máis de 17,1 millóns de litros de auga e, tras o seu procesamento e transformación en biocarburante, supuxo un aforro de emisións á atmosfera de 46,90 toneladas de CO₂", subliñan dende o goberno local.
A tendencia positiva mantense no presente exercicio. Entre xaneiro e maio de 2026, a cidadanía carballesa xa depositou 5.420 quilos de aceite nos colectores municipais, cunha media mensual superior aos 1.000 quilos (destacan febreiro, con 1.295 kg, e abril, con 1.360 kg).

O Concello ofrece, de xeito gratíto, funís adaptables ás botellas de plástico. / Cedida
Co obxectivo de facilitar a separación na orixe e evitar que o aceite acabe polo sumidoiro —coa conseguinte contaminación do medio hídrico e os atascos nas redes de saneamento—, o Concello de Carballo lembra á veciñanza que ten á súa disposición funís adaptables ás botellas de plástico PET.
As persoas interesadas poden solicitar o seu funil de xeito gratuíto, ata fin de existencias, no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Carballo.
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- La maldición de las nubes en la costa de Lugo: 'Aquí tenemos el eclipse más largo porque ya empezó a las 8 de la mañana
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Los viajes de fin de etapa cambian su rumbo en Santiago: las agencias digitales impulsan el Interrail y los 'Pasos de Ecuador' para celebrar el fin de etapa
- Retenciones de hasta 6 kilómetros en Padrón
- La ruta aérea Santiago-Nueva York consolidará su presencia en Lavacolla
- La sequía golpea a las granjas gallegas: «El maíz necesita agua y solo recibe sol y calor»