RECREACIÓN
As lendas e encantos do castro de Montes Claros cobran vida Laracha
A Asociación Adro de Vilaño pecha as festas unindo memoria, cultura e veciñanza

A arqueóloga Puri Castro encarnou o papel de gardiá do castro. / C. M. C.
A parroquia de Vilaño, na Laracha, pechou cinco días de festa, cultura e comunidade coa romaría Atardecer no Castro, unha viaxe no tempo no castro de Montes Claros a través dunha recreación teatralizada das lendas e encantos do recinto castrexo.
A cita, organizada pola Asociación Adro de Vilaño, estivo protagonizada por K’Paparota Teatro, con Patricia Caméan como a Moura da Cova, ademais de directora artística; os guerreiros Ramón e Carlos, e a arqueóloga Puri Soto, caracterizada de gardiá do castro.

Un momento da recreación histórica no castro de Montes Claros. / C. M. C.
Foi unha festa familiar e divertida, con música tradicional, á que contribuíron tamén as mulleres de Vilaño confeccionando, cosendo e bordando as vestimentas.
O Atardecer no Castro rematou cun animado concerto protagonizado por Irma Macías e Luis Pinto, Daniela Montes e Sés.

Parte do público que gozou do Atardecer no Castro. / C. M. C.
A celebración puxo o peche a unha intensa programación festiva impulsada pola Asociación Cultural Adro de Vilaño, coa colaboración do Concello da Laracha e da Deputación da Coruña, que incluíu a estrea do documental Mulleres de Vilaño, producido co apoio da Asociación Castelo Conta, e que recolle as experiencias e reflexións dun grupo de veciñas da parroquia arredor dos coidados, a memoria e a vida comunitaria.

Protagonistas da recreación histórica no castro de Montes Claros. / C. M. C.
Ademais, o Vilaño Fest puxo música de baile para todas as idades.
Diego Rama, presidente da AC Adro de Vilaño, asegura que "as festas no rural deben evolucionar para ir cos tempos, e as entidades temos que programar pensando en todas as persoas. Buscamos crear eventos e iniciativas que unan ás persoas e que traian ilusión á vida da xente".
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- Varios detenidos en una operación contra el narcotráfico en Muxía
- Laureano Oubiña estalla tras el veto de la Xunta a su ruta del narcotráfico: 'Quieren que vuelva a las andadas