VERÁN
Da astronomía ao humor: Zas desprega unha Semana Cultural para todos os públicos
Haberá obradoiros, contacontos, concertos, cine ao aire libre, exposicións, literatura e gastronomía

Leti da Taberna presentará o monólogo 'Jastac japi jolidais' o día 5 en Zas. / Cedida
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, a Semana Cultural servirá de antesala á 41ª Festa da Carballeira.
As propostas abranguen desde obradoiros infantís e familiares ata actividades para persoas adultas, contacontos, concertos, cine ao aire libre, exposicións, encontros divulgativos, observación astronómica, artesanía, literatura, gastronomía ou humor.
Un punto de encontro
"O obxectivo é que durante toda a semana Zas sexa un punto de encontro arredor da cultura", sinala o alcalde, Manuel Muíño. "Queremos que tanto a veciñanza como quen nos visite atopen cada día varias propostas atractivas para gozar do noso concello".
A programación arrincará o venres 31 de xullo coa proxección de As liñas discontinuas, dentro do Ciclo Mestre Mateo, na praza do Campo.
Exposicións
O Centro Sociocultural de Zas acollerá tres exposicións: Restauración de mobles e bordado, realizada polo alumnado das aulas municipais; Zas, na ollada dos Vidal, dedicada ás paisaxes e ás xentes do municipio a través das fotografías de Plácido e José María Vidal; e Voluntarios, alma da Carballeira, unha homenaxe ás persoas que fan posible a celebración da festa.
A estas propostas súmase tamén a intervención artística Mural Festa da Carballeira, que realizará o Colectivo Vella Escola na Escola Infantil A Galiña Azul.
Monólogo de Leti da Taberna
Ao longo da semana sucederanse obradoiros de percusión, cociña saudable, costura creativa, construción dun pandeiro tradicional ou decoupage; contacontos; actividades divulgativas sobre o mar e o consumo responsable; presentacións de libros; concertos de Comando Curuxás e da Coral San Martiño de Cánduas; o monólogo de Leti da Taberna; o espectáculo musical de Caxoto e unha sesión de observación do ceo nocturno con telescopios.
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- La maldición de las nubes en la costa de Lugo: 'Aquí tenemos el eclipse más largo porque ya empezó a las 8 de la mañana
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Los viajes de fin de etapa cambian su rumbo en Santiago: las agencias digitales impulsan el Interrail y los 'Pasos de Ecuador' para celebrar el fin de etapa
- Retenciones de hasta 6 kilómetros en Padrón
- La ruta aérea Santiago-Nueva York consolidará su presencia en Lavacolla
- La sequía golpea a las granjas gallegas: «El maíz necesita agua y solo recibe sol y calor»