O Pino homenaxea este xoves os seus mellores deportistas
Os homenaxeados son o xogador de hóckey sobre patíns Hugo Rodríguez Blanco, a atleta Xiana García Seijo eo equipo cadete da SD O Pino

Deportistas no Concello do Pino / Concello
Iker Cotón
O Concello de O Pino celebrará este xoves 30 de xullo o acto de recoñecemento ao esforzo aos deportistas locais máis destacados do ano. Nesta ocasión, os deportistas galardoados son o xogador de hóckey sobre patíns Hugo Rodríguez Blanco, a atleta Xiana García Seijo e o equipo cadete da SD O Pino.
É a terceira edición desta entrega de premios, que ten como obxectivo dar visibilidade aos méritos da mocidade deportista piñeira, premiando o seu esforzo e os bos resultados acadados na última tempada. Os premiados recollerán os seus diplomas e trofeos nun acto que terá lugar ás 11.00 horas na Casa do Concello.
Os galardoados
Entre os deportistas premiados atópase Hugo Rodríguez Blanco, xogador da A.C. Ordes de hóckey sobre patíns. Hugo proclamouse campión autonómico senior co seu equipo, acadando o ascenso á segunda categoría.
Outra das atletas distinguidas do evento será Xiana García Seijo, deportista do Club Atletismo O Pino, que acadou un importante cuarto posto na proba dos 100 metros valados no Campionato Xunta de Galicia Sub-20 o pasado 27 de xuño.
Equipo premiado
Na categoría de equipos galardoados, o Concello premiará o conxunto de cadetes da SD O Pino, campión da Liga Cadete de 2º Futgal e semifinalista da Copa do Sar. Entre os integrantes do equipo nados no municipio figuran os xogadores Yeray Barreiro Villar, Daniel Jesús Camba Quintela, Alexandre Fernández Botana, Iván Fernández Mella, Hugo García Moledo, Santiago Mecías Rey, Pedro Montero Castiñeiras, Pedro Muñoz Fandiño, Iker Naveiro Martínez, Rodrigo Sanjuás Tarrío e Enoc Taboada Gómez. Tamén será recoñecido Javier Gendre Mella, segundo adestrador do equipo cadete e do conxunto infantil de fútbol sala, ao que levou ata unha meritoria quinta posición na competición.

Cartel promocional do evento / Concello do Pino
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- 50 familiares, varias generaciones y un mismo apellido: la familia Blanco vuelve a reunirse en A Estrada
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- La orquesta gallega que sale al escenario sin saber qué canciones tocará: 'El público decide la verbena
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical