ARTE
Paisaxe, emoción e denuncia: a mostra pictórica 'Aguas' recala en Vimianzo
Reúne vinte pezas nas que Diego Pérez Carpeño combina realismo, impresionismo e conciencia ecolóxica

Unha das obras da mostra 'Aguas' de Diego Pérez Carpeño. / Cedida
A Sala Antón Mouzo da Casa da Cultura de Vimianzo acollerá a exposición de pintura Aguas, do artista Diego Pérez Carpeño, organizada en colaboración con Ponteceso Cultura Permanente.
A mostra, que poderá visitarse do 6 de agosto ao 20 de setembro, reúne vinte obras nas que a auga é a protagonista. A través desta colección, o autor aborda dúas visións complementarias: por unha banda, a beleza e a serenidade das paisaxes modeladas pola auga; e, pola outra, a deterioración e os danos que a acción humana está a provocar nun recurso imprescindible para a vida.

Cartel promocional da exposición 'Aguas', de Diego Pérez. / Cedida
Tomando a auga como fío condutor da exposición, Diego Pérez Carpeño convida o público a percorrer un universo de emocións contrapostas, no que conviven a calma e a contemplación coa preocupación e a denuncia ambiental. Esta dualidade reflíctese tamén na súa linguaxe pictórica, que transita con liberdade entre o realismo, o impresionismo e outras correntes, sen limitarse a un estilo único.
Con esta nova proposta expositiva, o Concello de Vimianzo reafirma o seu compromiso coa difusión da creación artística e coa programación cultural da Sala Antón Mouzo, ofrecendo á veciñanza e ás persoas visitantes unha oportunidade para descubrir o traballo dun creador que convida á reflexión a través da pintura.
- Santiago activa radares fijos en dos de los principales accesos a la ciudad
- Santiago y O Milladoiro, a 20 minutos de bici: Rueda inaugura la senda peatonal y ciclista que completa el eje de movilidad compostelano
- 100 años y una vida dedicada a la Iglesia: la historia de Ricardo Bello
- Cuatro menores heridos en Teo al colisionar un turismo y un camión
- Nueve helicópteros, cuatro aviones y trece brigadas combaten un incendio forestal en Lousame
- La casa de lujo más visitada de Galicia está en Santiago y cuesta 3,5 millones
- Fueron a Montalvo por el eclipse y el mar les regaló otro espectáculo: 'Fue una noche que vamos a recordar siempre
- «Lo pasamos genial»: la cara más vital del envejecimiento en Ames