OBRAS
A praza do Campo de Fisterra cobra impulso co Plan Hurbe
A intervención contará cun investimento de preto de 35.000 euros, dos que a Xunta achegará o 70%

O alcalde e a conselleira, á esquerda, supervisando o proxecto de mellora da praza. / Cedida
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinou hoxe co alcalde de Fisterra, Luís Manuel Insua lago, o convenio de colaboración para a mellora e pavimentación da praza do Campo. No acto de sinatura tamén estiveron o secretario xeral técnico da Consellería, Yago Borrajo, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas.
Esta actuación, que suporá un investimento total de preto de 35.000 euros, levarase a cabo ao abeiro do Plan Hurbe impulsado polo departamento que dirixe M. Allegue, co que se contribúe a promover o desenvolvemento dos núcleos rurais da comunidade.
Segundo recolle o documento, a Xunta, a través desta cooperación, achegará o 70% do orzamento desta intervención, con case 24.000 euros, contratará e executará as obras.
O Concello de Fisterra asumirá o 30% restante do custo das obras, algo máis de 10.000 euros, e corresponderalle o mantemento e conservación das actuacións executadas.
Mellora de contornas urbanas
Estas intervencións "enmárcanse na continuada colaboración entre a Xunta e as entidades locais para a execución de obras e outras actuacións de mellora de contornas urbanas, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial", subliñan dende a Consellería.
Ademais, a través de distintas medidas e de liñas de colaboración como o Plan Hurbe, a Xunta contribúe a promover o desenvolvemento dos núcleos rurais da comunidade como motores de dinamización, ao converterse en puntos de localización dun importante número de servizos públicos e privados que permiten achegar o modelo urbano a todo o territorio.
- Santiago activa radares fijos en dos de los principales accesos a la ciudad
- Santiago y O Milladoiro, a 20 minutos de bici: Rueda inaugura la senda peatonal y ciclista que completa el eje de movilidad compostelano
- 100 años y una vida dedicada a la Iglesia: la historia de Ricardo Bello
- Cuatro menores heridos en Teo al colisionar un turismo y un camión
- Nueve helicópteros, cuatro aviones y trece brigadas combaten un incendio forestal en Lousame
- La casa de lujo más visitada de Galicia está en Santiago y cuesta 3,5 millones
- Fueron a Montalvo por el eclipse y el mar les regaló otro espectáculo: 'Fue una noche que vamos a recordar siempre
- «Lo pasamos genial»: la cara más vital del envejecimiento en Ames