Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

VERÁN

Tres días de lume, teatro, música e comercio no Mercado Medieval de Melide

Celebrarase do 7 ao 9 de agosto no centro histórico da vila

Un momento dunha edición anterior do Mercado Medieval de Melide.

Un momento dunha edición anterior do Mercado Medieval de Melide. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Melide

O Concello de Melide presentou o cartel e a programación do Mercado Medieval, que se celebrará os días 7, 8 e 9 de agosto no centro histórico. Medio cento de propostas e actividades na rúa compoñen unha cita que volverá transformar o corazón da vila.

Cartel promocional do Mercado Medieval de Melide.

Cartel promocional do Mercado Medieval de Melide. / Cedida

As rúas do centro histórico acollerán pasarrúas musicais, representacións teatrais, personaxes medievais, danzas e animación itinerante da man de Gaeloc, Bufón Vermello, Nazareth e La Trupete de Luisete, ademais dun recuncho infantil con xogos tradicionais, atraccións e unha exposición de antigos oficios.

O Mercado Medieval coincidirá coa celebración do Mercamelide na Rúa, reforzando así a dinamización comercial e ofrecendo unha fin de semana na que historia, tradición, gastronomía e comercio compartirán protagonismo.

Programación

Abrirá as súas portas o venres 7, ás 19.00 horas. Ao longo da tarde sucederanse a música e a animación itinerante a cargo de Gaeloc, as intervencións de Bufón Vermello, as danzas medievais e o espectáculo Nazareth, a meniña do lume. A xornada culminará con Cazadores de dragóns, un espectáculo nocturno de lume e malabares.

O sábado 8 de agosto, o mercado abrirá ás 11.00 horas xunto co espazo infantil. Durante a mañá haberá pasarrúas, actuacións de rúa e outros espectáculos que ambientarán a xornada antes da hora do xantar. Pola tarde, o mercado reabrirá ás 19.00 horas e o espazo infantil ás 19.30. A programación continuará con gaitas, fanfarrias, tambores, teatro, música e animación, e terá como momento destacado da noite o espectáculo Cazadores de dragóns.

Programación do Mercado Medieval de Melide.

Programación do Mercado Medieval de Melide. / Cedida

O domingo haberá de novo música, teatro de rúa, danza e animación, antes da hora do xantar. Pola tarde, o mercado e o recuncho infantil reabrirán ás 18.30 horas e a programación continuará con música e máis animación. O Mercado Medieval despedirase ás 21.45 horas cun pasarrúas final no que participarán todas as compañías.

O concelleiro de Comercio, Xosé Igrexas, destacou a importancia do Mercado Medieval e subliñou que a súa coincidencia co Mercamelide na Rúa permitirá ofrecer unha fin de semana de lecer, cultura e promoción do comercio local. "Desde o Concello seguimos apostando por iniciativas que contribúan a dinamizar Melide, atraer visitantes e apoiar o tecido comercial, ofrecendo ao mesmo tempo unha programación atractiva para persoas de todas as idades", sinalou.

Tracking Pixel Contents