CULTURA
Un ciclo de cine en Corme recupera a serie 'Para mariñeiros, nós' e rende tributo a Marisa Fullós e Pedro Brandariz
A AC Insua de Viastela proxectará o venres unha selección dos mellores capítulos na praza do Campiño

O ciclo de cine continuará o sábado e o domingo no Museo de Arte Contemporánea. / Cedida
A Asociación Cultural Insua de Viastela celebra este venres, 31 de xullo, unha sesión especial no marco do V Ciclo de Cine Documental Xosé Manuel Ferreiro. A partir das 22.15 horas, a praza do Campiño de Corme (Ponteceso) converterase nunha pantalla ao aire libre para acoller a proxección dunha selección dos mellores capítulos da mítica serie de ficción e humor Para mariñeiros, nós.

Cartel promocional da proxección. / Cedida
"A elección desta produción garda un valor moi especial para a vila, xa que a serie foi gravada integramente nas rúas e na contorna de Corme", sinalan dende a asociación. A ficción retrataba con retranca, cariño e proximidade o día a día marítimo e a identidade da Costa da Morte, acadando un gran agarimo entre a audiencia galega.
Unha noite para a lembranza
A cita, aberta a todo o público de xeito gratuíto, concíbese como un encontro veciñal para gozar da cultura local e do audiovisual feito na terra. Máis alá da proxección e do reencontro dos veciños coas imaxes gravadas na súa propia vila, a velada acollerá unha homenaxe especial a Marisa Fullós e a Pedro Brandariz, figura fundamental do humor e da escena teatral galega cuxa pegada permanece moi viva na memoria colectiva.

Cartel promocional do Ciclo de Cine Documental Xosé Manuel Ferreiro. / Cedida
A A.C. Insua de Viastela convida "a todos os veciños, visitantes e amantes do audiovisual galego" a achegarse a Corme "para compartir un momento de lembranza, gargalladas e recoñecemento".
O ciclo de cine continuará o sábado 1 de agosto coas proxeccións Escala un cincuenta mil, Pura e O home e o carro, a partir das 19.00 horas no Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (MACCMO). O domingo, día 2 á mesma hora, proxectarase Prefiro condenarme.
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- 50 familiares, varias generaciones y un mismo apellido: la familia Blanco vuelve a reunirse en A Estrada
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- La orquesta gallega que sale al escenario sin saber qué canciones tocará: 'El público decide la verbena
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical