FORMACIÓN
Informática, mecanografía e administración electrónica centran a nova oferta da aula CeMIT de Ames
Estará pechada en agosto, pero xa se poden reservar prazas por correo electrónico ou a través da web

Aula CeMIT situada en Bertamiráns, Ames. / Cedida
Redacción
A aula CeMIT de Ames xa ten nova programación para os últimos meses do ano. As formacións orientadas aos adultos xirarán arredor da informática e da administración electrónica, mentres que os cursos para menores de idade irán dirixidos á informática e á mecanografía.
Aínda que a aula estará pechada en agosto, si se poderán reservar prazas no correo electrónico cemit.ames@xunta.gal ou a través da ligazón: https://cemit.xunta.gal/gl/centros/ames.

Cartel promocional dos cursos da Aula CeMIT de Ames. / Cedida
Ofértanse 14 prazas para cada curso de carácter presencial. O alumnado poderá facer uso da aula aberta tanto antes coma despois para realizar prácticas adicionais ou consultar dúbidas sobre calquera tema.
O primeiro dos cursos que se levará a cabo será o de Iniciación á informática, que se impartirá os martes e os xoves, de 10.00 a 12.00 horas, dende o vindeiro 15 de setembro ata o 26 de novembro.
Por outra banda, os luns e mércores, dende o 21 ata o 30 de setembro, en horario de 17.15 a 18.45 horas, impartirase o curso Introdución á Administración electrónica.
Cursos para menores de idade
Os menores deben estar rexistrados previamente na rede CeMIT para poder matricularse nos cursos. Pode facelo pasando pola aula ou a través da ligazón: https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/usuarios
Haberá tres ofertas formativas. Por unha banda, o curso Informática para nenos/as – Nivel básico, que está dirixido para a rapazada de 7 a 10 anos. Impartirase os martes, de 17.15 a 18.45 horas, dende o 15 de setembro ata o 15 de decembro.
A maiores impartiranse dous cursos de mecanografía. O primeiro deles estará dirixido para a os menores de 10 anos e impartirase os xoves, de 17.00 a 18.00 horas, dende o 17 de setembro ata o 17 de decembro. O outro é para a rapazada maior de 10 anos, e tamén se desenvolverá os xoves e nas mesmas datas, pero en horario de 18.00 a 19.00 horas.
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- 50 familiares, varias generaciones y un mismo apellido: la familia Blanco vuelve a reunirse en A Estrada
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- La orquesta gallega que sale al escenario sin saber qué canciones tocará: 'El público decide la verbena
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical