ARTESANÍA
A Mostra da Olería de Buño reivindica o barro feito arte e tradición
Oleiros chegados de distintos puntos da Península participarán na cocedura aberta ao público afeccionado e profesional

Un dos expositores da Mostra Olería de Buño do pasado ano. / Cedida
"O barro feito arte e a tradición feita vida". Isto é do que poderán gozar quen visite a Mostra da Olería de Buño, en Malpica de Bergantiños, que abrirá as súas portas o xoves, día 30 de xullo, e ata o 2 de agosto ofrecerá exposicións, demostracións ao vivo, obradoiros, música e moita olería feita coa alma.
No marco da mostra celebrarase a 2ª Cocedura Tradicional Aberta no Forno do Forte, do século XVIII, que se complementará coa tradicional Festa da Carroa.

Cartel promocional da corenta e unha Mostra da Olería de Buño 2026. / Cedida
A cocedura está aberta a todas as persoas afeccionadas ou profesionais da cerámica. Os traballos comezarán o sábado, día 1 de agosto, coa recollida das pezas a partir das 10.00 horas. Despois, ás 11.00 horas realizarase a carga do forno, un proceso guiado polos expertos oleiros de Buño, que ensinarán aos participantes como e por que se ten que facer seguindo un método establecido.
Pola tarde, ás 17.00 horas, prenderase lume ao Forno do Forte, para comezar a cocedura tradicional, á que se sumarán non só oleiros de Buño, senón tamén outros ceramistas chegados de distintos puntos da Península. A xornada complementarase coa Festa da Carroa, a partir das 21.00 horas, que inclúe cea, música e boa conversa.

Cartel promocional da segunda cocedura tradicional no Forno do Forte. / Cedida
O domingo, día 2, ás 11.00 horas realizarase a descarga do forno. Un momento para coñecer o resultado da cocedura e compartir experiencias entre todos os participantes.
Desde a Asociación Oleira de Buño, entidade organizadora da mostra, convidan a "descubrir a maxia" do labor dos oleiros e achegarse á vila para "sentir o latexo da nosa tradición e da nosa historia".
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- Varios detenidos en una operación contra el narcotráfico en Muxía
- Laureano Oubiña estalla tras el veto de la Xunta a su ruta del narcotráfico: 'Quieren que vuelva a las andadas