Renovadas todas as pontes e pasarelas da senda fluvial na contorna da Fervenza de Callobre
O paseo ata o salto de auga, de dez metros de altura, iníciase nas proximidades do castro da Idade de Ferro

Unha das pontes de madeira da senda fluvial de Callobre. / Cedida
A paisaxe que conforman os distintos ríos e regatos que bañan as terras da Estrada constitúe un importante referente para a promoción turística deste municipio de Tabeirós-Terra de Montes. Fervenzas como a da parroquia de Callobre son un reclamo importante para os visitantes e unha paraxe idónea para o esparexemento da veciñanza.
En consecuencia, o Concello da Estrada vén de realizar unha importante actualización e mellora na contorna da Fervenza de Callobre, na que hai unha década se creou unha senda fluvial salpicada de pontes.
O alcalde, Gonzalo Louzao Dono, informou que o Concello renovou, con fondos propios, todas as instalacións que había ao longo dunha senda potenciada, en 2015, a través do plan de obra dun obradoiro de emprego.
“Necesitaba unha mellora importante e, para iso, dende o Concello renovamos todas as instalacións que había”, sinalou o rexedor. Había pontes que estaban en mal estado, deterioradas polo paso do tempo e tamén pola acción da auga na madeira.
O alcalde explicou que os veciños deron traslado da petición de renovación destes elementos, garantindo que a ruta se volva moito máis accesible. Louzao aproveitou a ocasión para facer un chamamento para que estradenses e visitantes percorran esta fermosa paraxe natural pintada polo río Curantes, completamente actualizada xa e coroada polo importante salto de auga que bautiza a contorna como Fervenza de Callobre.
O paseo arrinca nesta parroquia da Estrada nas proximidades do castro de Callobre, antigo poboado castrexo da Idade de Ferro rodeado por una gran cantidade de carballos e situado a 250 metros de altitude.
É un percorrido pequeno, que se pode facer cara a parte alta da fervenza ou chegando ao pé da mesma. O salto aproxímase aos 10 metros de altura e o paseo permite camiñar entre carballos e piñeiros, con diversos muíños e a través de pasarelas de madeira que facilitan o percorrido ata o miradoiro da fervenza.
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- El Concello de Santiago repartirá gratis 2026 gafas para ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Aemet despeja la gran duda del eclipse en Galicia: casi todo el cielo estará despejado salvo en una zona
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Más de una docena de detenidos en Muxía, entre ellos un guardia civil, tras el decomiso de 1,5 toneladas de cocaína