Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PROXECTO

A veciñanza Soandres peregrina para frear a planta de biogás da Laracha

A marcha partirá mañá ás 12.00 horas de varios puntos da parroquia e rematará no mosteiro

Grupo de veciños nun roteiro reivindicativo celebrado semanas atrás.

Grupo de veciños nun roteiro reivindicativo celebrado semanas atrás. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Laracha

A Plataforma Stop Biogás A Laracha organizará mañá, a partir das 12.00 horas, unha peregrinación popular "en defensa do territorio e contra o proxecto da macroplanta de biogás de Soandres".

Sairán dende varios puntos da parroquia e o punto de chegada será o mosteiro de Soandres, onde os veciños serán recibidos por gaiteiros da Asociación Cultural Queiroga, antes de dar comezo a misa.

Fortalecer a unión da veciñanza

"Será unha xornada para camiñar e compartir as nosas raíces, fortalecer a unión da veciñanza e reafirmar o noso compromiso coa defensa da nosa terra, da nosa auga e do noso patrimonio", subliñan dende a plataforma.

Confirman tamén que continuarán con diversas accións en todos os ámbitos posibles contra este proxecto.

Á preocupación inicial hai que sumar agora, "o grave problema de seca e da falta de caudal continuo, no punto do río Anllóns onde a planta de biogás chegaría a verter o equivalente a 2.000 camións cisterna de residuos líquidos, co grave impacto que suporía para o propio río, a súa biodiversidade e a saúde de milleiros de persoas das poboacións dos concellos que atravesa", afirman.

Tracking Pixel Contents