Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Estrada amplía o parque de Figueiroa

A obra, adxudicada o pasado luns, terá un prazo de dous meses

Vista actual do parque Figueiroa

Vista actual do parque Figueiroa / Concello da Estrada

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

O Concello da Estrada dá luz verde á ampliación do parque infantil de Figueiroa, situado no tramo final da avenida de Santiago. O proxecto de mellora será executado por Oziona Soluciones de Entretenimiento, por un importe de 42.360 euros. Esta empresa contará cun prazo de dous meses para rematar a obra.

Esta iniciativa vén motivada polo crecemento poboacional que experimentou esta zona da Estrada, ademais do seu carácter estratéxico de ocio para os máis pequenos ao estar situado a carón co CEIP Figueiroa e moi próximo á Escola Infantil Municipal.

O parque conta actualmente cunha superficie de 116 metros cadrdos de xogo. Tras a finalización do proxecto, engadirante outros 60 metros extra destinados ao ocio infantil. A execución desta mellora contempla unha ampliación da soleira actual, así como a instalación de novas lousas homologadas en toda a superficie. Ademais, incorporaranse novos elementos de xogo para os nenos e nenas.

A pérgola actual manterase para garantir unha zona de sombra no parque, conservándose tamén o espazo reservado ao xardín, pensado para os usuarios de maior idade destas instalacións. Esta iniciativa será sufragada a través dunha baixa do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.

Tracking Pixel Contents