Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Lalín celebrará a súa Romaría Interxeneracional para rematar agosto

Renderáselle homenaxe ás persoas maiores, emigrantes e ao matrimonio mais lonxevo

O prezo do acto e o xantar é de 20 euros para as persoas maiores de 12 anos

Edición anterior da Romaría Interxeneracional

Edición anterior da Romaría Interxeneracional / BERNABE/JAVIER LALIN

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

O Concello de Lalín celebrará a súa XXXII Romaría Interxeneracional o sábado 29 de agosto, unha das citas máis destacadas do calendario estival lalinense, que terá lugar no Lalín Arena a partir das 12.00 horas. A celebración é unha xornada consolidada na vila, un espazo de encontro e convivencia entre xeracións que rende homenaxe ás persoas máis lonxevas, aos emigrantes e ao matrimonio con máis anos de casados no concello.

O xantar consistirá en empanada, polbo con patacas, carne ao caldeiro, sobremesa, café e bebidas. Para asistir será necesario adquirir unha tarxeta de participación da recepción do Concello cun prazo límite ata o día 24, en horario de 9 a 13 horas. O prezo da tarxeta é de 20 euros, aínda que os menores de 12 anos poderán asistir de xeito gratuíto, e dá acceso a todos os actos programados e ao xantar, sendo imprescindible presentala o día da Romaría.

Xantar, premios e baile

A Romaría comezará ás 12.00 horas cunha misa no Lalín Arena. Tras isto, distinguiranse á muller e o home con máis idade do concello de Lalín, ao matrimonio con maior tempo de casados e a muller e o home que permaneceron máis tempo na emigración. Tras a entrega destas distincións, terá lugar o tradicional xantar, que seguirá dunha actuación de Pili Pampín e un concurso de baile.

A concelleira de Envellecemento Activo de Lalín, Carmen Canda, resalta que a Romaría Interxeneracional como “un acto de recoñecemento colectivo ás persoas que coa súa experiencia, esforzo e compromiso construíron a historia viva do noso Concello”. Desde o Concello de Lalín animan a todas as familias a compartir unha xornada de convivencia e recoñecemento ás persoas que sosteñen a identidade do municipio.

Cartel da XXXIII Romaría Internacional

Cartel da XXXIII Romaría Interxeneracional / Concello de Lalín

TEMAS

Tracking Pixel Contents