Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

POLÉMICA

O BNG demandará ao portavoz socialista de Muxía por "reiterados ataques verbais e descualificacións" á edil nacionalista

Mercé Barrientos asegura que son "absolutamente inaceptables" e incompatibles co exercicio dun cargo público

Mercé Barrientos, terceira esquerda, con Lucía López, cuarta, e integrantes do BNG.

Mercé Barrientos, terceira esquerda, con Lucía López, cuarta, e integrantes do BNG. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Muxía

O BNG presentará unha demanda xudicial contra o portavoz municipal do PSOE de Muxía, Iago Toba, "polos seus reiterados ataques verbais e descualificacións" dirixidos contra a voceira nacionalista, Mercé Barrientos

 A responsable da Área de Organización do BNG, Lucía López, denunciou que o comportamento do portavoz socialista "superou todos os límites" e advertiu de que a organización "non o vai consentir". A confrontación de ideas forma parte da democracia, engadiu, "pero o insulto, a intimidación e a falta de respecto non poden formar parte da vida pública", afirmou.

Chamamento ao PSOE

Reclamou ademais á dirección do PSdeG-PSOE que asuma a súa responsabilidade ante a gravidade dos feitos.

O BNG amosa o total respaldo a concelleira nacionalista, e seguirá defendendo "a política feita desde o respecto, a igualdade e a dignidade". Por iso, López fixo un chamamento aos socialistas para que asuman a súa responsabilidade, aludindo que "a veciñanza de Muxía merece representantes que confronten proxectos, non que recorran ao insulto e á descualificación". 

López explicou que o BNG leva tempo advertindo da "deriva inaceptable" protagonizada polo portavoz do PSOE, cunha actitude baseada en "agresións verbais, ataques persoais e descualificacións constantes" contra a portavoz nacionalista. "Non estamos diante dun feito illado, senón dun comportamento reiterado incompatible coa responsabilidade que debe asumir calquera representante público", sinalou.

Ataques machistas

A secretaria da organización asegurou ademais que estes ataques teñen "unha clara dimensión machista", ao responder a unha forma de facer política que busca "desacreditar, intimidar e expulsar as mulleres do espazo público mediante o insulto e a humillación". Cando se pretende silenciar a unha muller que exerce con firmeza a súa responsabilidade política, engadiu, "estamos diante dunha forma de violencia política machista", afirmou.

Pola súa banda, Mercé Barrientos asegurou que as expresións e o trato recibido por parte do portavoz socialista son "absolutamente inaceptables" e incompatibles co exercicio dun cargo público. "Nós estamos na política para presentar proxectos, para mirar pola veciñanza e para debater ideas. Non estamos aquí para recibir as agresións que veño soportando desde que son portavoz do BNG de Muxía". 

Insultos recollidos en actas

Sinalou que as actas recollen algunhas palabras, "pero non poden recoller as risas, os acenos agresivos, o ton de voz nin a reiteración constante dos insultos", explicou.

Expresións como: "Queremos e non queremos, a puntiña só, nada máis"; "Mercé Barrientos anda saltando polos zarzales a altas horas da madrugada"; "algunha vai ter que comer as súas palabras que lle van saber a a ghómito de levar catro días comendo verdura"; "vostede sabe tamén de puterío bastante"..., son exemplos de "expresións proferidas polo concelleiro socialista contra a portavoz municipal do BNG", subliñou. 

Neste sentido, Barrientos mostrouse especialmente preocupada porque este tipo de comportamentos procedan dun representante "dun partido que se di progresista e feminista". "Denuncio esta situación por min, pola miña familia, pero tamén por todas as mulleres, sexan do meu partido ou de calquera outro. Non nos van expulsar da política. Imos seguir aquí e imos seguir apoiándonos", concluíu. 

Tracking Pixel Contents