O Concello de Teo levará a pleno a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal
Edificacións, residuos e festivos locais serán os temas a tratar

Imaxe de arquivo dun pleno extraordinario de Teo / ECG
Iker Cotón
O pleno do Concello de Teo debaterá este martes a aprobación da modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal tras recibir todos os informes sectoriais faborables, ademais do informe preceptivo da Dirección Xeral de Urbanismo.
Esta modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal ten como obxectivo permitir unha maior flexibilidade na implantación de edificacións principais dentro de parcelas, pasando así dos actuais primeiros 25 metros ata os 50 metros dende a aliñación oficial. Ademais, permitirase a implantación de cubertas planas no solo de núcleo rural, facilitando o desenvolvemento arquitectónico dentro nas zonas rurais. Tamén se contempla a eliminación da prohibición de edificar en parcelas en función da pendente natural, que ata agora se rexía por un máximo do 30% de inclinación.
Ordenanza de lixo
Tratarase por primeira vez a aprobación da ordenanza reguladora da xestión de residuos municipais do Concello. Esta ordenanza recolle aspectos como a separación das distintas fraccións de residuos, o uso dos colectores e a recollida de residuos especiais ou voluminosos, ademais do funcionamento do punto limpo.
Dende o Concello buscan adaptar a regulación municipal á normativa vixente en materia de residuos, ademais de fomentar comportamentos e actitudes mediante os servizos públicos de Teo.
Festivos locais
Outro punto a debate no pleno do mes de xullo será a proposta para os festivos locais de cara a 2027. Deste xeito, proporase fixar como festivos locais os días da Ascensión, 6 de maio, e do San Martiño, 11 de novembro.
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- Varios detenidos en una operación contra el narcotráfico en Muxía
- Laureano Oubiña estalla tras el veto de la Xunta a su ruta del narcotráfico: 'Quieren que vuelva a las andadas