PEREGRINACIÓN
Stop Biogás A Laracha mobiliza 250 veciños contra a macroplanta de Soandres
Os manifestantes reclaman paralizar o proxecto polo posible impacto no territorio

Veciños e veciñas da Laracha que participaron na peregrinación por Soandres. / Cedida
Unhas duascentas cincuenta persoas participaron hoxe na peregrinación reivindicativa convocada pola Plataforma Stop Biogás A Laracha "en defensa do territorio e contra o proxecto da macroplanta de biogás de Soandres".
Os participantes partiron de varios puntos da parroquia e xuntáronse ao carón do mosteiro de Soandres, onde foron recibidos con música a cargo dos gaiteiros da Asociación Cultural Queiroga.

Parte dos veciños que hoxe peregrinaron por Soandres. / Cedida
Dende a organización valoran "moi positivamente, unha vez máis, a resposta da veciñanza, a pesar de ser un día laborable". Foi, engaden, "unha xornada para camiñar e compartir as nosas raíces, fortalecer a unión da veciñanza e reafirmar o noso compromiso coa defensa da nosa terra, da nosa auga e do noso patrimonio".
Defensa dos intereses da parroquia
A Plataforma Stop Biogás A Laracha e a asociación veciñal constituída para defender os intereses da parroquia están dispostas a esgotar todas as vías administrativas, e mesmo xudiciais, para conseguir frear o proxecto que, de saír adiante, cren que será moi prexudicial para toda a veciñanza, o concello e mesmo a comarca de Bergantiños.
Á súa preocupación inicial suman agora "o grave problema de seca e da falta de caudal continuo, no punto do río Anllóns onde a planta de biogás chegaría a verter o equivalente a 2.000 camións cisterna de residuos líquidos, co grave impacto que suporía para o propio río, a súa biodiversidade e a saúde de milleiros de persoas das poboacións dos concellos que atravesa", afirman.
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- El Concello de Santiago repartirá gratis 2026 gafas para ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Aemet despeja la gran duda del eclipse en Galicia: casi todo el cielo estará despejado salvo en una zona
- Más de una docena de detenidos en Muxía, entre ellos un guardia civil, tras el decomiso de 1,5 toneladas de cocaína
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto