Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Xunta investirá máis de 600.000 euros para reforzar a rede eléctrica do polígono de Anxeriz

As obras permitirán ampliar a capacidade do suministro eléctrico para responder ao crecemento industrial e residencial da zona e evitar cortes de servizo

Visita da delegada de Goberno, Belén do Campo, acompañada do alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, ao polígono industrial de Anxeriz

Visita da delegada de Goberno, Belén do Campo, acompañada do alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, ao polígono industrial de Anxeriz / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

A Xunta mellorará e reforzará da extensión da rede de distribución eléctrica do polígono industrial de Anxeriz, en Tordoia, cun orzamento de máis de 600.000 euros. A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou o polígono industrial de Anxeriz acompañada do alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, para supervisar as melloras realizadas.

Á achega de 560.000 euros para a mellora da rede eléctrica súmase a outro investimento de 34.000 euros realizado o ano pasado para a mellora da capa de rodaxe do acceso ao sector S-04 do polígono, por parte de Infraestruturas dos Parques Empresariais. Este parque empresarial conta cunha superficie de case 110.000 metros cadrados e dá emprego a 370 traballadores repartidos en dúas empresas de PVC e maquinaria industrial.

Mellora na rede eléctrica

A actuación sobre a rede de distribución eléctrica foi necesaria debido ao crecemento da urbanización na zona, tanto de solo industrial como do solo residencial, polo que a potencia instalada ata o momento deixou de ser suficiente, provocando cortes de subministración. As obras consistiron na adecuación e reforma dos centros de transformación, logrando así pasar dos dous centros existentes cun suministro de 250 e 400 kVA a 900 kVA cada un.

Ademais, adecuáronse e reformáronse as liñas aéreas e construíronse liñas subterráneas de máis de dous quilómetros de tecido eléctrico. O prazo inicial de execucioón foi de tres anos, pero os traballos remataron un ano antes do previsto, finalizando en 2025.

Nova convocatoria de axudas

A delegada de Goberno explicou que a Xunta ten aberta unha nova orde deste tipo de axudas para 2026, destinada ao reforzo e á extensión das redes de distribución eléctrica dos parques empresariais existentes ou en desenvolvemento. A convocatoria conta cun orzamento total de 2,5 millóns de euros e permitirá financiar actuacións previstas entre os anos 2026 e 2028, co obxectivo de mellorar as infraestruturas enerxéticas e favorecer a implantación e o crecemento de novas empresas.

O prazo para presentar as solicitudes remata o 28 de agosto de 2026. Belén do Campo explicou que: “Con esta convocatoria a Xunta busca mellorar a capacidade das infraestruturas eléctricas dos parques empresariais galegos, facilitando a chegada de novos proxectos empresariais, impulsando o desenvolvemento económico e reforzando a competitividade do tecido produtivo de Galicia”.

Deste xeito, as axudas financiarán actuacións de reforzo e ampliación nas redes de distribución eléctrica que prestan servizo aos parques empresariais, ademais dos gastos recollidos nas condicións técnicas establecidas pola empresa distribuidora, sempre que deban ser asumidos polos concellos solicitantes. Ademais, tamén serán subvencionables os custos de redacción dos proxectos, dirección de obra e instalación do cartel informativo, e poderán imputarse os gastos realizados desde o 1 de xaneiro de 2026 ata a data de xustificación do investimento.

Tracking Pixel Contents