CURSO DE VERÁN
Cee reúne grandes especialistas en cancro, obesidade e ataxia da Costa da Morte
A cita, coordinada polo reumatólogo Francisco Blanco, inclúe conferencias e clases maxistrais

Alberto de la Cruz, esquerda, Margot Lamela e Francisco Blanco no acto inaugural. / Cedida
A Casa da Cultura ceense acolle o III Curso de Verán da Cátedra Fundación San Rafael e da Universidade da Coruña, coordinado polo reumatólogo e Fillo Predilecto de Cee, Francisco Blanco. Foi inaugurado pola alcaldesa, Margot Lamela, e comezou cunha conferencia maxistral do patólogo Alberto de la Cruz Mera centrada no cancro.
Esta mañá, o propio Francisco Blanco impartiu a Clase co Experto co relatorio Medicina baseada na experiencia ou na evidencia?, e pola tarde, o endocrinólogo David Araujo Vilar, da Universidade de Santiago de Compostela, impartirá a partir das 20.30 horas a conferencia maxistral centrada na obesidade.

Cartel do III Curso de Verán da Cátedra Fundación San Rafael. / Cedida
O curso rematará este venres. A reumatóloga do CHUAC Natividad Oreiro-Villar impartirá a clase O placebo e o cego na investigación clínica? a partir das 10.00 horas. O peche poráo o neurólogo compostelán Manuel Arias Gómez cunha conferencia maxistral sobre a ataxia da Costa da Morte.
O mes da Xunqueira
Nesta fin de semana comeza tamén en Cee o mes da Xunqueira con varias propostas culturais. O sábado, ás 12.30 horas inaugurarase a exposición Entre as flores, de Mónica Coto, unha artista residente na Coruña que traballa a arte a través de diferentes disciplinas.
Elabora esculturas a partir de madeiras perdidas que recolle no mar ou no monte, ás que lle dá unha segunda vida para convertelas en peixes de chamativas cores. Tamén crea collages con madeiras recicladas e fotografías de revistas en papel. Nestas últimas pezas, a muller e á principal protagonista dunhas creacións cargadas de forza e do estilo propio que a caracteriza.

Cartel promocional do XV Memorial Manuel Rebollar. / Cedida
O sábado, a partir das 19.30 horas, celebrarase o XV Memorial Manuel Rebollar, que organiza a Asociación Amigos da Banda de Música de Cee. Desfilarán en pasarrúas as bandas de música de Padrón e Cee, dirixidas por Santiago Mella e Fernando Fraga, respectivamente.

As agrupacións de baile de tres asociacións ceenses actuarán o domingo. / Cedida
Despois, no Auditorio Baldomero Cores, ofrecerán os concertos, nos que poderemos escoitar desde clásicos galegos como Ponteareas ou Airiños aires, ata bandas sonoras como La máscara del zorro ou unha selección de temas do afamado compositor Ennio Morricone.
E o domingo, día 2 de agosto, a cultura tradicional tomará o escenario a partir das 20.00 horas, coas actuacións das agrupacións de baile das asociacións Terra de Sena, Novo Viana e Pedras Miúdas.
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- Sorprenden a dos ladrones de madrugada en el interior de un piso en Santiago cuando se disponían a huir con el botín
- Así es el parque acuático más novedoso de Galicia: a una hora de Santiago y con toboganes de 11 metros de caída
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi
- Las 5 playas fluviales cerca de Santiago que se están convirtiendo en el refugio perfecto para escapar del calor
- Prisión provisional sin fianza para el detenido por el atropello mortal de Bertamiráns
- El detenido por el atropello mortal de Bertamiráns viajó desde Lugo para enfrentarse con la víctima