MAR
Golfiños á vista: Fisterra convértese nun laboratorio flotante
O Cemma organiza, co apoio da Deputación, embarques para observar, identificar e estudar cetáceos

A deputada Rosa Ana García, terceira pola dereita, nunha das saídas ao mar. / D. C.
A Deputación da Coruña colabora coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) na organización de embarques desde Fisterra para observar, identificar e estudar golfiños e outros cetáceos nas costas galegas.
A deputada de Medio Ambiente, Rosa Ana García López, participou nunha destas saídas ao mar para coñecer de primeira man o traballo desenvolvido polo equipo de biólogos e polas persoas voluntarias.
As expedicións parten do porto de Fisterra e percorren a contorna da ría de Corcubión e do cabo Fisterra a bordo da embarcación A Munis. Durante unhas tres horas, as persoas participantes colaboran no rexistro de avistamentos e na toma de fotografías das aletas dorsais dos cetáceos.
Evolución das poboacións
Estas imaxes permiten identificar cada animal de forma individual e facer un seguimento da súa presenza, dos seus movementos e da evolución das poboacións, mediante unha técnica que non causa ningún dano aos exemplares.
Antes de saír ao mar, as persoas participantes reciben formación sobre os cetáceos presentes no litoral galego e sobre os protocolos de actuación ante o varamento dun mamífero mariño.
O proxecto conta co apoio económico da Deputación da Coruña e combina investigación científica, participación cidadá e educación ambiental. Os datos recollidos permiten mellorar o coñecemento da fauna mariña e contribuír á protección da biodiversidade das costas coruñesas.
- Santiago activa radares fijos en dos de los principales accesos a la ciudad
- 100 años y una vida dedicada a la Iglesia: la historia de Ricardo Bello
- Santiago y O Milladoiro, a 20 minutos de bici: Rueda inaugura la senda peatonal y ciclista que completa el eje de movilidad compostelano
- Cuatro menores heridos en Teo al colisionar un turismo y un camión
- Nueve helicópteros, cuatro aviones y trece brigadas combaten un incendio forestal en Lousame
- La casa de lujo más visitada de Galicia está en Santiago y cuesta 3,5 millones
- Fueron a Montalvo por el eclipse y el mar les regaló otro espectáculo: 'Fue una noche que vamos a recordar siempre
- «Lo pasamos genial»: la cara más vital del envejecimiento en Ames