Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Lalín anuncia limitacións no consumo de auga

O baixo caudal do río e a alta demanda estival obrigan ao Concello a tomar medidas

Oficina de Aquadeza

Oficina de Aquadeza / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

O alcalde de Lalín, José Crespo, anunciou xunto co concelleiro de Obras e Servizos, José Cuñarro, a detección dun problema derivado do subministro eléctrico que alimenta a estación de bombeo de Botos. Nunha análise da empresa concesionaria Aquadeza salientouse a incapacidade desta unidade de bombeo para abastecer o consumo en hora punta, xa que o río non achega o caudal suficiente a estas alturas do ano.

Ante esta incidencia, agravada pola alta demanda de consumo por mor das altas temperaturas, o Concello solicita a colaboración cidadá para moderar o uso de auga e aplicar medidas de aforro coa finalidade de estabilizar o sistema de abastecemento.

O Concello de Lalín decidiu suprimir todos os regos municipais, os baldeos de rúas e o rego dos xardíns públicos. Ademais, dende o goberno municipal acordouse a restrición no rego de hortas e céspedes particulares coa traída, ademais da prohibición de encher piscinas. Así mesmo, lembraron que o incumplimento destas medidas poderá ser castigado con sancións.

Colaboración cidadá

José Crespo pide a colaboración daqueles veciños que dispoñen de dobre subministro de auga, solicitando que empreguen preferentemente a auga do pozo nestes momentos, co obxectivo de non saturar os depósitos municipais. O rexidor municipal subliñou que “se todos colaboramos e reducimos o consumo, poderemos corrixir as deficiencias que nestes momentos presenta a rede”. Dende o goberno local solicitan á veciñanza que, en caso de detectar incumprimento destas normas, se poña en coñecemento da Policía Local ou do Concello, para garantir o correcto funcionamento do sistema de augas.

TEMAS

Tracking Pixel Contents