URBANISMO
A Laracha poxará seis parcelas municipais para construír vivendas
Están ubicadas na urbanización Monte Claro e adxudicaranse á oferta económica máis elevada

As parcelas están na urbanización Monte Claro, de Cancelo do Medio. / Cedida
A Xunta de Goberno Local da Laracha aprobou o expediente de contratación para o alleamento de seis parcelas municipais situadas na urbanización Monte Claro, na zona de Cancelo do Medio, na parroquia de Cabovilaño, para a construción de novas vivendas. A venda farase mediante un procedemento aberto e sistema de poxa á alza.
A iniciativa responde á crecente demanda de solo urbanizable existente no municipio para a construción de novas vivendas e "permitirá poñer a disposición da cidadanía terreos municipais situados nunha das zonas residenciais con maior proxección do concello da Laracha", afirman dende o goberno que preside José Manuel López.
Presentación de ofertas
O acordo adoptado constitúe o paso administrativo previo á publicación da licitación, que se realizará en próximas datas. Co obxectivo de facilitar a participación de todas as persoas interesadas, as ofertas poderán presentarse tanto por medios electrónicos como presencialmente no Rexistro Xeral do Concello.
As seis parcelas que sairán a licitación están destinadas á construción de vivendas unifamiliares e presentan diferentes características. A máis ampla é de 442 m2 e cunha edificabilidade de 184 m2. Tres presentan unha superficie de 375 m2, sendo a edificabilidade de 160 m2 nunha delas e de 150 m2 nas outras dúas. E as máis pequenas son de 350 m2 cunha edificabilidade de 150 m2.
Para a adxudicación, o único criterio de valoración será o maior prezo ofertado. As persoas interesadas poderán presentar unha oferta por cada unha das parcelas ás que desexen optar.
Sete parcelas para construír vivenda protexida
O Concello da Laracha dispón dun total de trece parcelas municipais nesta urbanización do Cancelo do Medio. Mentres seis delas serán obxecto desta licitación, as outras sete están incluídas nun expediente -actualmente en tramitación- para incorporalas ao Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), co propósito de ampliar a oferta residencial e favorecer o acceso á vivenda.
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- El Concello de Santiago repartirá gratis 2026 gafas para ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Aemet despeja la gran duda del eclipse en Galicia: casi todo el cielo estará despejado salvo en una zona
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Más de una docena de detenidos en Muxía, entre ellos un guardia civil, tras el decomiso de 1,5 toneladas de cocaína