Melloras no CPI Viaño cun orzamento de 65.000 euros
As actuacións céntranse na mellora da conservación e da seguridade do edificio

A delegada da Xunta, Belén do Campo, xunto a alcaldesa de Trazo, Fina Suárez, na súa visita ao centro educativo. / Cedida
Iker Cotón
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou esta mañá o CPI Viaño Pequeno en Trazo acompañada pola alcaldesa do Concello, Fina Suárez. A visita tiña como obxectivo a comprobación das obras de mellora no centro educativo por un investimento de case 65.000 euros.
O CPI conta con 230 alumnos entre Educación Infantil, Educación Primaria e ESO, precisaba dunha mellora tanto na conservación do edificio como na seguridade das instalacións. Este investimento pretende dar resposta ás necesidades detectadas no centro mediante traballos de reparación da cuberta para correxir os problemas de filtracións e a renovación de varios tramos do canalón interior. Ademais, estanse a realizar actuacións na fachada e na carpintería exterior para eliminar goteiras e filtracións, principalmente mediante o selado das ventás.
A delegada territorial aproveitou a visita para comprobar a rehabilitación da escaleira exterior de emerxencia do edificio dedicado á Educación Secundaria. Nesta estrutura levouse a cabo un tratamento integral da estrutura metálica, eliminando a ferruxe, a pintura deteriorada e a suciedade mediante un proceso de granallado.
A representante da Xunta destacou o valor destes investimentos no marco do Plan Ben-Estar 2026, que supoñen unha transformación progresiva dos centros educativos galegos para convertelos en espazos máis sostibles e seguros.
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- Varios detenidos en una operación contra el narcotráfico en Muxía
- Laureano Oubiña estalla tras el veto de la Xunta a su ruta del narcotráfico: 'Quieren que vuelva a las andadas