Padrón, declarado zona catastrófica polo incendio de xuño
A medida inclúe beneficios fiscais e subvencións

Incendio no monte de la aldea de Casal, cercano a Carcacía / Álvaro Ballesteros - Europa Pre / Europa Press
Iker Cotón
O Consello de Ministros aprobou este martes a declaración de Padrón como zona afectada gravemente por unha emerxencia de Protección Civil, debido ao incendio forestal do mes de xuño nas parroquias de Herbón e Carcacía, que deixou 350 hectáreas calcinadas.
Con esta declaración actívanse un conxunto de medidas extraordinarias destinadas á recuperación das persoas, empresas e distintas administracións afectadas polos incendios. Entre as principais actuacións previstas, destacan as axudas directas para persoas afectadas por danos en vivendas e bens, ademais do apoio económico para empresas, establecementos comerciais e de servizos afectados.
O Concello de Padrón obterá subvencións para facer fronte aos gastos derivados desta emerxencia. Tamén recibirá beneficios fiscais que serán concretados próximamente polo Ministerio de Facenda, como exencións no IBI e reducións no IAE. Ademais, recibirá un financiamento de ata o 50% nas obras municipais de reparacións de infraestruturas danadas e axilización de procedementos para recuperar os servizos esenciais. Por último, as empresas e persoas autónomas afectadas recibirñan bonificacións e exencións nas cotizacións á Seguridade Social.
O incendio
O lume orixinouse o pasado 12 de xuño na parroquia de Herbón e, durante máis de tres días, arrasou un total de 372,21 hectáreas. A gravidade do incendio obrigou a activar de xeito temporal o nivel 2 de alerta debido á proximidade das lapas aos núcleos de poboación de Herbón e Carcacía. Para loitar contra a extinción do lume realizouse un despregue masivo que incluíu 132 axentes, 166 brigadas, 122 motobombas, 8 helicópteros, 7 avións e 7 técnicos.
Desde o Concello de Padrón valórase positivamente esta declaración como zona catastrófica tras o lume, co obxectivo de apoiar ás persoas, explotacións e actividades que sufriron as consecuencias dese grave incendio.
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- 50 familiares, varias generaciones y un mismo apellido: la familia Blanco vuelve a reunirse en A Estrada
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- La orquesta gallega que sale al escenario sin saber qué canciones tocará: 'El público decide la verbena
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical