Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Madalena abre dez días de festa en Ames

O Millarock dará hoxe o pistoletazo de saída a unha programación na que destacan orquestras, grupos locais e propostas tradicionais

Os membros de Tentáculo Rock durante unha das súas actuacións en directo. | CEDIDA

Os membros de Tentáculo Rock durante unha das súas actuacións en directo. | CEDIDA

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Pablo Vázquez

Milladoiro

As Festas da Madalena do Milladoiro celebraranse desde hoxe e ata o martes 4 de agosto cun amplo programa de concertos, verbenas e actuacións tradicionais. A celebración forma parte de «Ames en Festas 2026», a iniciativa do Concello de Ames que reúne as principais citas festivas do verán: as festas da Madalena e as da Peregrina.

Especial Festas da Madalena no Milladoiro 2026

Especial Festas da Madalena no Milladoiro 2026

Especial Festas da Madalena no Milladoiro 2026

Venres 31 de xullo

O Milladoiro abrirá as festas co festival Millarock, que se desenvolverá na Travesía do Porto e no anfiteatro da localidade. María Vázquez, técnica do Departamento de Cultura, destaca a importancia desta cita: «É o punto de arranque. Trátase dun festival cunha longa traxectoria no que actuarán grupos locais e da contorna».

O evento contará coa participación de Tentáculo Rock, o grupo formado por catro rapaces do propio Ames, que gañou o concurso provincial Quero Cantar en abril de 2026. A continuación subirá ao escenario Extrema Función, unha banda de rock galega nacida na Escola de Música de Ames. Tras eles será a quenda de Familia Caamagno, grupo de rock and roll e pop procedente de Sigüeiro. Pecharán o festival Sr. Salvaje, formación de rock and roll de Santiago, e Factoría Subsistencia, grupo galego de rock alternativo.

O Millarock contará tamén coa participación de persoal da escola de música A Casa do Rock, que se encargará dos concertos didácticos e de impartir obradoiros musicais baixo o nome de «Merenda Rock».

Sábado 1 de agosto

A xornada do sábado comezará co pregón de apertura das festas e continuará cunha serie de concertos e actuacións ao longo do día. Entre elas destaca a da banda Gin Toni’s, unha coñecida formación galega especializada en versións de pop-rock español. Tamén actuarán a discoteca móbil Son de Festa, co DJ Sonic, e Os Retanqueiros, grupo de baile e música tradicional orixinario de Ames.

Domingo 2 de agosto

A programación do domingo abrirase cunha sesión vermú e continuará con diferentes propostas musicais. Entre as actuacións previstas figuran as da orquestra Capitol, a discoteca móbil Chocolate, o grupo de música tradicional Os Castros e a Banda de Música de Noia.

Luns 3 de agosto

A festa continuará o luns con actuacións como a do grupo Assia, unha coñecida orquestra asturiana. O programa inclúe tamén a orquestra Impacto, Marcos Magán e o grupo de música tradicional Airiños do Paseo de Colón, orixinario de Bugallido.

Martes 4 de agosto

As festas pecharanse o martes 4 de agosto coa actuación da orquestra Olympus. Completarán a xornada o DJ compostelán Kike Varela e a discoteca móbil CDC.

A festa continúa en Ames

A programación de «Ames en Festas 2026» continuará coas Festas da Peregrina de Bertamiráns, que se celebrarán do 5 ao 9 de agosto. O programa inclúe Festival Emerxente, o xoves 6 no parque do Ameneiral, e a Romaría Urbana, o sábado 8.

A proposta complétase cunha ampla oferta musical na que figuran charangas, orquestras como París de Noia ou Suavecito e grupos como De Ninghures. As celebracións rematarán o domingo 9 de agosto.

TEMAS

Tracking Pixel Contents