A Mostra da Olería de Buño pone en valor a creatividade dos artesáns locais, arraigada na tradición e na innovación
Oito talleres exhiben as súas pezas no Parque Luciano García Alén
O sábado e o domingo terá lugar a II Cocedura Tradicional Aberta de Buño na contorna do Ecomuseo do Forno do Forte

Belén do Campo, no centro, asistindo este venres a unha demostración na Mostra da Olería de Buño. / Cedida
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Malpica, Eduardo J.Parga, visitou este venres a XLI Mostra de Olería de Buño, onde percorreu as oito casetas dos talleres participantes e coñeceu de primeira man o traballo dos artesáns e artesás que manteñen vivo un dos oficios tradicionais con maior arraigamento en Galicia.
Do Campo visitou os espazos expositivos de Olería Rulo, das alfarerías O Falsete, Feituras, Risco Estudio, Faya e A Cacharrera e dos Obradoiros Cambón e Tonio.
A delegada destacou a calidade das pezas expostas, a capacidade do sector para combinar tradición e innovación e o importante papel que desempeña a olería como motor económico e cultural da Costa da Morte.
A visita concluíu coa presenza da delegada nunha demostración de torno cun ceramista de Risco Estudio, un taller rexistrado no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia que traballa desde A Coruña cunha proposta contemporánea baseada na cerámica artesanal.
Risco Estudio impulsa, xunto con Verónica Moar, o proxecto Orixes, unha iniciativa que conta coa colaboración da Fundación Artesanía de Galicia para fomentar o diálogo entre arte, artesanía e deseño, contribuíndo a achegar a cerámica galega a novos públicos.
A XLI Mostra de Olería de Buño, organizada pola Asociación Oleira de Buño aberta ata o este domingo 2 de agosto no Parque Luciano García Alén, constitúe un dos principais escaparates da olería tradicional galega.
Declarada Festa Galega de Interese Turístico no ano 2000 e distinguida coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes en 2007, a feira reúne cada verán numerosos visitantes e pon en valor un oficio secular estreitamente ligado á identidade cultural da comarca.
A representante da Xunta dixo que "Buño é o centro de olería tradicional máis activo de Galicia e un dos principais referentes do sector artesanal, motivo polo que o Goberno galego mantén unha aposta decidida pola súa conservación e desenvolvemento mediante iniciativas de promoción, formación e divulgación".
Neste sentido, destacou a colaboración da Fundación Artesanía de Galicia na II Cocedura Tradicional Aberta de Buño, que se celebrará os días 1 e 2 de agosto na contorna do Ecomuseo do Forno do Forte.
A iniciativa recupera unha tradición con máis de vinte anos de historia e permite a ceramistas e afeccionados cocer as súas pezas nun forno do século XIII seguindo o método tradicional, favorecendo a transmisión de coñecementos e o intercambio entre profesionais.
A delegada tamén lembrou o compromiso da Xunta coa remuda xeracional nos oficios artesanais a través do programa Aprender da tradición. Oficios e técnicas, impulsado desde 2023.
Do Campo lembrou ademais que a Xunta mantén aberta unha nova liña de axudas dotada cun millón de euros para a formación de aprendices en oficios tradicionais, dentro do programa Primeira Experiencia Profesional, con solicitudes abertas ata o próximo 30 de setembro.
Esta medida enmárcase na estratexia autonómica para preservar o patrimonio artesanal galego, favorecer a profesionalización do sector e garantir a remuda xeracional nos oficios tradicionais.
Ademais, a Xunta tamén conta todos os anos con axudas para a promoción da artesanía galega e o fomento da súa comercialización.
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- El Concello de Santiago repartirá gratis 2026 gafas para ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Aemet despeja la gran duda del eclipse en Galicia: casi todo el cielo estará despejado salvo en una zona
- Más de una docena de detenidos en Muxía, entre ellos un guardia civil, tras el decomiso de 1,5 toneladas de cocaína
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto