Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

MALPICA

Oito expositores amosan a súa arte en barro na Mostra da Olería de Buño

O Forno do Forte xuntará oleiros de España e Portugal na Cocedura Tradicional

Miguel Fernández, esquerda, Antonio Pereira, terceiro, e Ramón Añón, na Mostra da Olería.

Miguel Fernández, esquerda, Antonio Pereira, terceiro, e Ramón Añón, na Mostra da Olería. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Malpica

A 41ª Mostra da Olería de Buño (Malpica) abriu onte as súas portas e ata o domingo, día 2, ofrecerá exposicións, demostracións ao vivo, obradoiros, música e moita olería feita coa alma.

No acto inaugural, Ramón Añón Añón 'O Cidre' foi distinguido este ano como Oleiro Maior, nun acto no que estivo arroupado polo presidente da Asociación Oleira de Buño, Antonio Pereira 'O Rulo', e o tenente de alcalde de Malpica, Miguel Fernández.

Cartel promocional da XLI Mostra da Olería de Buño.

Cartel promocional da XLI Mostra da Olería de Buño. / Cedida

Nesta edición participan oito expositores da vila oleira, que amosan os seus produtos no Parque Luciano García Alén. A maiores, pode visitarse unha exposición de pezas singulares no Teleclub de Buño.

Na xornada deste venres, o oleiro Rubén, de Risco Estudio ofrecerá unha demostración ao vivo ás 13.00 horas, e pola tarde, os oleiros de Alfarería O Rulo impartirán un obradoiro de barro para nenos.

Cocedura tradicional

O sábado será unha xornada especial xa que terá lugar a II Cocedura Tradicional no Forno do Forte, do século XVIII, na que participarán oleiros de diversos puntos de España e Portugal. A xornada complementarase coa Festa da Carroa, a partir das 21.00 horas, que inclúe cea, música e boa conversa.

O domingo haberá novas demostracións ao torno a cargo do oleiro Pablo, de Risco Estudio (12.00 horas) e O Rulo (18.00 horas).

Os máis pequenos poderán gozar de actividades lúdicas e inchables, e non faltarán tampouco a música e o baile, a cargo de Os Jaitas Blue e Raigañas.

Tracking Pixel Contents