Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Paula Castro, nova responsable local do BNG de Ames

Substitúe no cargo a Alberto Ramos e traballará coa vista posta nas eleccións municipais

A xornalista Paula Castro, nova responsable local do BNG de Ames

A xornalista Paula Castro, nova responsable local do BNG de Ames / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ames

A xornalista Paula Castro foi elixida por unanimidade nova responsable local do BNG de Ames na asemblea celebrada pola organización nacionalista. Castro substitúe no cargo a Alberto Ramos, cuxo traballo foi recoñecido na xuntanza, segundo o comunicado emitido polo Bloque, e que continuará formando parte tanto do Consello Local como da actividade diaria da formación.

Veciña de Ames desde hai 22 anos, Paula Castro é licenciada en Historia Contemporánea e en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago e conta tamén cunha especialización en Igualdade pola UNED.

A súa traxectoria profesional está vinculada ao xornalismo e á comunicación. Traballou durante case unha década no xornal A Nosa Terra e na actualidade forma parte do gabinete de comunicación da Confederación Intersindical Galega (CIG).

No ámbito político, milita no BNG desde hai preto de 30 anos e acumula unha ampla experiencia orgánica. Foi responsable da formación na comarca de Santiago, integrou o Consello Nacional en diferentes etapas e participou en distintas candidaturas municipais do Bloque en Ames.

Nova etapa ante as municipais do próximo ano

Coa súa elección, o BNG de Ames inicia unha nova etapa coa vista posta nas próximas eleccións municipais, ás que a formación, subliña, preséntase "co obxectivo de gobernar" e nas que Escarlata Pampín volverá ser cabeza de lista.

Os nacionalistas destacan que manteñen un equipo "sólido, cohesionado e con solvencia" para continuar defendendo os intereses da veciñanza e afrontar os retos do municipio.

Tracking Pixel Contents