Ponteceso habilitará 30.000 m2 de aparcadoiros e zonas de ocio en pleno centro tras adquirir varias parcelas
Están ubicadas fronte ao parque Bouzas e mercáronse por 65.107,50 euros

José Manuel Mato, dereita, con propietarios dos terreos adquiridos polo Concello. / Cedida
O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, acaba de desbloquear unha demanda histórica da veciñanza: a adquisición de varias parcelas fronte ao parque Bouzas para a creación de novos aparcadoiros.
O Concello formalizou a adquisición destes terreos, unha operación que se pechou en 65.107,50 euros tras chegarse a acordo cos propietarios.

Zona na que se habilitarán os aparcadoiros, fronte ao parque Bouzas. / Cedida
O rexedor incide na importancia desta actuación, "coa que se resolverá unha petición plantexada hai anos". Mato explica que este acordo "é froito do traballo realizado desde o Concello, pero tamén da boa disposición das familias Couto-Torrado, Torrado-Rellán e Valdés, ás que quero agradecer a súa colaboración para facer realidade un proxecto de grande interese xeral e relevancia para Ponteceso".
Coa compra dos terreos finiquitada, o Concello centrarase agora en xerar os créditos suficientes para executar as obras á maior brevidade.
En total, habilitaranse 30.000 metros cadrados de aparcadoiros e zonas de lecer en pleno núcleo urbano.
Esta nova zona do parque Bouzas sumarase a outras habilitadas recentemente, como a creada a principios de ano na avenida Anllóns.
"A creación de novas prazas de estacionamento supón un importante avance para mellorar a mobilidade da cidadanía, ao tempo que contribúe a dinamizar o tecido comercial e hostaleiro do municipio, favorecendo a súa actividade e competitividade", dixo José Manuel Mato.
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- El Concello de Santiago repartirá gratis 2026 gafas para ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Aemet despeja la gran duda del eclipse en Galicia: casi todo el cielo estará despejado salvo en una zona
- Más de una docena de detenidos en Muxía, entre ellos un guardia civil, tras el decomiso de 1,5 toneladas de cocaína
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto