Vimianzo aposta polas festas de agosto
O Concello apoia con 15.000 euros as Festas de Agosto 2026
Ráfaga, El Combo Dominicano e Cinema, os pratos fortes

Presenatcion do cartel das festas de agosto / Concello de Vimianzo
Iker Cotón
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Festas de Vimianzo, representada por Noelia García. O acordo impulsará cun importe de 15.000 euros as celebracións de agosto no concello entre os días 8 e 11 deste mes.
A programación conta cunha variedade de artistas á altura das festas. Pol 3.14 e Despistaos descorcharán a botella musical o venres 7, acompañados da orquestra Cinema. O sábado 8, tras a misa tradicional na honra da Virxe do Carme e a sesión vermú, terán lugar as actuacións de El Combo Dominicano e La fórmula, poñendo a nota musical verbenera pola noite.As festas pecharanse o domingo 9 cun dos pratos fortes con sabor arxentino: o grupo Ráfaga. Aos cumbeiros acompañaranos a orquesta Principal e DJ Josiño Destroyer.
Para todos os públicos
O día dos máis cativos será o luns 10, coa celebración do tradicional Día do Nen@, unha cita pensada para o público infantil que contará con inchables, festa da escuma e animación musical.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou que "as festas patronais son un espazo de encontro para a veciñanza e tamén unha oportunidade para amosar Vimianzo a quen nos visita". Pola súa banda, Marta Castro agradeceu o apoio municipal e destacou o esforzo da Asociación de Festas para organizar unha programación variada, posible grazas á implicación das persoas colaboradoras, das empresas patrocinadoras e da veciñanza, que un ano máis fará posible a celebración das festas da Virxe do Carmen e San Roque.
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- 50 familiares, varias generaciones y un mismo apellido: la familia Blanco vuelve a reunirse en A Estrada
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical
- La orquesta gallega que sale al escenario sin saber qué canciones tocará: 'El público decide la verbena
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares