Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Dumbría converte a praia do Ézaro no escenario dunha gran festa de verán

Familias enteiras gozan dun programa que inclúe xogos, espectáculos, obradoiros e concertos

Este domingo haberá unha sardiñada e celebrarase o tradicional Baile do Cañoto

Un dos obradoiros da Festa da Praia do Ézaro.

Un dos obradoiros da Festa da Praia do Ézaro. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Dumbría

Centos de persoas gozan este sábado en Dumbría das actividades da primeira xornada da 39ª Festa da Praia do Ézaro.

Dende as catro da tarde hai no paseo marítimo obradoiros infantís de manualidades, xogos de habilidade para todas as idades e inchables. A compañía Enredos presentará ás 19.30 horas o espectáculo A Vela Circo.

Pola noite, a animación trasladarase á contorna da Fervenza do Ézaro. Alí, a Gallaecia Small Band ofrecerá un concerto de música soul, jazz, chachachás, boleros e mambos.

Tamén está previsto que a partir das 22.30 horas comece o espectáculo de luz e son que iluminará a fervenza.

Na xornada deste domingo as actividades continuarán ao mediodía coa compañía Garabato de Xogos, que presentará o espectáculo TransPorta.

Logo haberá obradoiros infantís de manualidades e xogos de habilidade. Unha das citas máis esperadas é a sardiñada popular, amenizada coa música tradicional de Longarela.

Imaxe de arquivo do Baile do Cañoto do ano pasado.

Imaxe de arquivo do Baile do Cañoto do ano pasado. / Cedida

Pola tarde, a praia do Ézaro acollerá os tradicionais xogos de cadeiras, sacos e corda, ademais do popular Baile do Cañoto, no que se baila en parella suxeitando un cañoto do millo no nariz, entre os dous. A música correrá a cargo de DJ Matrek e da orquestra Nueva Fuerza.

TEMAS

Tracking Pixel Contents