Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Milleiros de romeiros entonan o tradicional Berro Seco na Romaría de San Fins do Castro, en Cabana

A misa solemne, a queima do Santo da Pólvora e a interpretación do himno do patrón foron outros dos actos centrais da festa

Momento no que o sacerdote Liller Alexander Carrillo pide aos romeiros que se dean a man, se agachen e se ergan ao berro de "ouuuu".

Momento no que o sacerdote Liller Alexander Carrillo pide aos romeiros que se dean a man, se agachen e se ergan ao berro de "ouuuu". / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Cabana

Algúns investigadores apuntan a unha posible orixe celta para este xesto colectivo; outros consideran que podería tratarse dunha imitación do berro que lanzaban os canteiros de Cotobade ao levantar grandes pedras durante o seu traballo. É o Berro Seco, o multitudinario e festivo ritual que este sábado se volveu celebrar en Cesullas (Cabana) no marco da Romaría de San Fins do Castro.

O ritual é sinxelo e moi emotivo: o sacerdote Liller Alexander Carrillo pídelle aos romeiros que se dean a man, se agachen e, ao seu sinal, se ergan lanzando un forte "ouuuu". Este berro realízase tres veces consecutivas, coa participación coral de toda a romaría.

Asistentes ao oficio relixioso da Romaría de San Fins do Castro.

Asistentes ao oficio relixioso da Romaría de San Fins do Castro. / Cedida

A romaría, declarada Festa de Interese Turístico, comezou coa animación dos gaiteiros O Son do Castro. Ao mediodía oficiouse a misa solemne, cantada pola Coral de Cesullas. Logo, a Banda de Música Eduardo Pondal interpretou o Himno a San Fins.

A celebración complementouse coa tradicional queima do Santo da Pólvora.

A celebración complementouse coa tradicional queima do Santo da Pólvora. / Cedida

A celebración complementouse coa tamén tradicional queima do Santo da Pólvora e coa música da orquestra Los Españoles na sesión vermú.

Pola tarde celebráronse as tradicionais merendas campestres, amenizadas polos grupos folk Maruxía, Os Enxebres e Os Farrapos, e pola noite habería verbena coas orquestras Horizon The Show e Los Españoles.

A Banda de Música Eduardo Pondal interpretou o 'Himno a San Fins'.

A Banda de Música Eduardo Pondal interpretou o 'Himno a San Fins'. / Cedida

As festas continúan este domingo coa celebración da Nosa Señora dos Remedios, que incluirá dianas e alboradas coa banda de gaitas Inllar, misas dende as 09.00 horas e a solemne ás 13.00 horas coa Coral de Cesullas, ademais dunha sesión vermú e unha verbena nocturna a cargo da orquestra Ritmo.

TEMAS

Tracking Pixel Contents