Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

En que consiste o baile do cañoto, que causa furor na praia do Ézaro?

Numerosas persoas degustaron gratis cinco mil sardiñas

En que consiste o baile do cañoto que causa furor na praia do Ézaro?

Cedido

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Dumbría

Centos de persoas gozaron este domingo en Dumbría das actividades da segunda e última xornada da 39ª Festa da Praia do Ézaro. Unha cita interxeracional e non apta para xente aburrida.

Despois dos obradoiros nos que participou o sábado a cativada e dos espectáculos de animación, este domingo houbo, pola mañá, talleres de manualidades, xogos de habilidade e inchables.

Ao mediodía houbo unha gran sardiñada popular, gratuíta, amenizada polo grupo de música tradicional Longarela. Degustáronse cinco mil sardiñas.

Na Festa da Praia do Ézaro degustáronse este domingo cinco mil sardiñas.

Na Festa da Praia do Ézaro degustáronse este domingo cinco mil sardiñas. / Cedida

E pola tarde os asistentes gozaron cos xogos populares (cadeiras, sacos, corda...) e do curioso e tradicional baile do cañoto. O arealconverteuse nunha pista de baile na que numerosas persoas danzaron ao ritmo da música sostendo por parellas, nariz con nariz, un carozo (a parte interior da mazaroca do millo á que están unidos os grans).

Logo, a Festa da Praia do Ézaro (organizada polo Concello de Dumbría co apoio da Deputación da Coruña) seguiu caa animación musical da man de DJ Matrek e da orquestra Nueva Fuerza.

TEMAS

Tracking Pixel Contents