Arzúa impulsa a ampliación do saneamento en Castañeda e avanza na reconstrución da ponte sobre o río Iso
As actuacións buscan reforzar os servizos básicos e a mobilidade entre parroquias

Obras de saneamento en Castañeda. / Cedida
Iker Cotón
O Concello de Arzúa continúa coa mellora das infraestruturas municipais coa posta en marcha das obras de ampliación da rede de saneamento en Castañeda e cos trámites para garantir o financiamento da reconstrución da ponte sobre o río Iso, na Pastoriza, unha actuación clave para reforzar a conexión entre dúas parroquias do municipio.
Saneamento en Castañeda
O goberno municipal de Arzúa puxo en marcha as obras de ampliación da rede de saneamento na parroquia de Castañeda. Esta intervención permitirá instalar novas canalizacións e pozos de rexistro para mellorar a recollida e condución das augas residuais na zona. Este proxecto inclúe tamén actuacións que reforzarán a drenaxe das augas pluviais mediante novas canalizacións e arquetas, así como a renovación do firme. Todo isto irá acompañado de traballos de limpeza e acondicionamento das gabias que favorecerán a drenaxe da vía. Por último, instalaranse novas sinais verticais e horizontais.
O investimento deste proxecto, incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal, é de 93.358 euros.
A ponte do río Iso
O Concello de Arzúa traballa no financiamento da reconstrución da ponte sobre o río Iso, situada na Pastoriza. O obxectivo desta obra é recuperar a comunicación directa entre as parroquias de Santa María de Maroxo e San Pedro de Lema, unha conexión necesaria para facilitar os desprazamentos da veciñanza que permitirá mellorar o acceso ás vivendas, ás explotacións agrogandeiras e aos diferentes servizos da contorna. Ademais, esta nova infraestrutura permitirá unha resposta máis áxil dos medios sanitarios, de emerxencia e de seguridade.
Este proxecto conta actualmente cun orzamento de 311.568 euros, dos que 257.494 corresponden á obra e, o restante, ao IVE. A Corporación validou dúas solicitudes de subvención á Deputación da Coruña , que achegará un 80% do custe sen incluír o IVE, e á Consellería do Medio Rural, que contribuirá co outro 20%. Con estes dous acordos, o Concello continúa a procurar os recursos necesarios para completar a reconstrución da infraestrutura.
- El detenido por el atropello mortal de Bertamiráns viajó desde Lugo para enfrentarse con la víctima
- Así es el parque acuático más novedoso de Galicia: a una hora de Santiago y con toboganes de 11 metros de caída
- Bamio despide mañana a la concejala Ana Castro, fallecida en Padrón a los 50 años
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi
- Sorprenden a dos ladrones de madrugada en el interior de un piso en Santiago cuando se disponían a huir con el botín
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- National Geographic elige un rincón a una hora de Santiago como una de las siete maravillas naturales para visitar en agosto