Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Inaugurada a residencia da terceira idade de Tordoia, con 16 prazas, tras un investimento estatal de 1,7 millóns

Ubícase en Pontepedra, nun edificio municipal de 30 anos de antigüidade que albergaba a casa de cultura e que foi rehabilitado

Pedro Blanco descubrindo a placa na inauguración da residencia xunto Antonio Pereiro, esquerda, Nuria Álvarez e Julio Abalde.

Pedro Blanco descubrindo a placa na inauguración da residencia xunto Antonio Pereiro, esquerda, Nuria Álvarez e Julio Abalde. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Tordoia

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, inaugurou este martes a residencia para persoas maiores Rosalía de Castro de Tordoia, unha nova infraestrutura que cualificou como “un exemplo do compromiso do Goberno de España cos servizos públicos de calidade, co reto demográfico e coa creación de emprego”.

Blanco estivo acompañado polo alcalde do municipio, Antonio Pereiro, polo subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, e por Nuria Álvarez, axente do Instituto para la Transición Justa, entidade dependente do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, que financiou integramente este proxecto cunha achega de 1,7 millóns de euros.

Este investimento forma parte dos máis de 183 millóns de euros mobilizados polo Goberno central en Galicia para impulsar iniciativas nos territorios de transición xusta. 

O delegado sinalou que "esta nova residencia mellorará a vida das persoas maiores e das súas familias, ao tempo que será un dinamizador da vida económica e social para este concello, contribuíndo a fixar poboación no rural e crear emprego". “Hoxe poñemos en valor unha forma de entender as políticas públicas”, remarcou. 

Nesta liña, Pedro Blanco incidiu tamén no impulso do Goberno de España ao fortalecemento do sistema público de dependencia en Galicia. “Vimos de duplicar o investimento estatal que transferimos á Xunta para reforzar o sistema de dependencia, porque apostamos polos coidados e polo impulso aos recursos que garantan unha atención digna e de calidade”, apuntou. 

Ademais, o delegado agradeceu a visión do Concello pola aposta por esta iniciativa e puxo en valor a colaboración institucional para facer realidade unha infraestrutura moi demandada pola veciñanza. 

A residencia Rosalía de Castro para a terceira Idade está ubicada en Pontepedra é para a súa creación o Concello de Tordoia recibiu unha subvención de 1.693.338,21 euros do Instituto para la Transición Justa.

Este financiamento reafirma, segundo o delegado do Goberno, "o compromiso cos territorios afectados polo peche de instalacións enerxéticas, como é o caso de Meirama, impulsando infraestruturas que fixen poboación e melloren a calidade de vida nos municipios rurais".

O proxecto supuxo a transformación integral dun edificio municipal de 30 anos de antigüidade que anteriormente albergaba a casa de cultura e diversas oficinas administrativas.

As instalacións foron rehabilitadas para ofrecer un servizo de atención residencial do que o municipio carecía, cunha capacidade para 16 persoas e que implica a creación de 16 postos de traballo.

Tracking Pixel Contents