Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Rexistran na Laracha unha iniciativa popular con 2.000 sinaturas para pedir que se poña coto no PXOM a plantas de biogás

A plataforma veciñal convoca para este sábado un abrazo á auga na área recreativa de Gabenlle

Representantes da Plataforma Stop Biogás A Laracha, acompañados de veciños, tras rexistrar no Concello da Laracha a Iniciativa Popular Local.

Representantes da Plataforma Stop Biogás A Laracha, acompañados de veciños, tras rexistrar no Concello da Laracha a Iniciativa Popular Local. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Laracha

Representantes da Plataforma Stop Biogás A Laracha, acompañados dun nutrido grupo de veciños e veciñas, presentaron unha Iniciativa Popular Local asinada por 2.000 persoas co obxectivo de solicitar nun pleno extraordinario para que se inicien os trámites e estudos necesarios para a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) da Laracha.

O obxetivo da iniciativa é prohibir a instalación de plantas industriais de xestión de residuos para a producción de biogás, e similares, en solo rústico no municipio e que afectan a núcleos de población e ao patrimonio.

Ademais, esta iniciativa insta á suspensión cautelar inmediata no outorgamento de licenzas para estas industrias mentres se leve a cabo o estudo e tramitación da modificación do PXOM.

“Este é un paso máis na defensa do noso territorio e da nosa veciñanza”, afirman dende a plataforma, que quere agradecer a implicación de todas e cada unha das persoas que asinaron e que recolleron e custodiaron estas sinaturas, no que supón "unha acción máis na loita contra o proxecto da macroplanta de biogás en Soandres".

Unha proposta coa que pretenden garantir "que proxectos así, en lugares así, non se poidan implantar".

As actividades continúan este sábado 8 de agosto ás 12.30 horas cun abrazo á auga no entorno do río Anllóns, na área recreativa de Gabenlle.

Esta actividade reivindicativa quere poñer o foco na defensa dos ríos e os seus ecosistemas, e realizarase en colaboración con Ecoloxistas Galicia Atlántica e Verde, enmarcado nas acción previas ao IV Encontro Burla Verde, que terá lugar os días 5 e 6 de setembro en Mazaricos.

Por outra banda, o vindeiro xoves 13 de agosto realizarán a IV Cadea Humana no Río Anllóns, tamén na área recreativa de Gabenlle, lembrando así a data na que saíu a exposición pública o proxecto da macroplanta que se pretende intalar.

Tracking Pixel Contents