A Xunta reforza o firme da estrada AC-960 ao longo de 13,6 km en Boqueixón, cun investimento de 1,1 millóns de euros
Trátase dunha vía que enlaza coa provincia de Pontevedra e que ten un tráfico habitual de vehículos pesados industriais e agrícolas

Belén do Campo e Ovidio Rodeiro, este martes supervisando as obras. / Cedida
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e pola directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, visitou este martes a zona na que se están executando as obras de reforzo de firme na estrada AC-960 ao seu paso polo concello.
A Xunta inviste preto de 1,1 millóns de euros nesta actuación para mellorar o estado do pavimento e reforzar a seguridade viaria neste importante eixo de comunicación que beneficiará directamente aos case 4.300 veciños do municipio.
Esta estrada enlaza coa provincia de Pontevedra e ten un tráfico habitual de vehículos pesados industriais e agrícolas.
A representante do Goberno autonómico destacou que esta intervención permite actuar en dous treitos: un de 8,1 quilómetros e outro de case 5,5 quilómetros.
A obra xa está na súa maioría executada, quedando pendente dende o punto quilométrico 3 ao 16; a previsión é rematala este verán.
A delegada da Xunta tamén destacou que nesta mesma estrada AC-960 tamén se actuará nun tramo do concello de Santiago e noutro do concello de Touro, o que supón unha intervención total en preto de 17 quilómetros.
Belén do Campo subliñou que se trata dunha actuación “moi necesaria para seguir mellorando as condicións de circulación, incrementar a comodidade dos usuarios e, sobre todo, reforzar a seguridade viaria nunha estrada fundamental para a mobilidade diaria do municipio”.
A delegada incidiu en que a Xunta continúa dando resposta ás necesidades de conservación da rede autonómica de estradas, priorizando aqueles puntos nos que o paso do tempo e o uso continuado fan preciso renovar o firme para garantir unha circulación en mellores condicións.
As obras adáptanse ao estado de cada tramo da estrada. Nos puntos con menor deterioro estase a reparar o firme e reforzar cunha nova capa de aglomerado. Nas zonas con danos máis importantes, retírase a capa deteriorada e repónse o pavimento.
Nos treitos nos que se detecta unha maior presenza de accesos a vivendas, aparcadoiros ou bordos, estanse a acometer fresados en cuña de 2 metros de ancho desde o límite da actuación, seguidos da reposición do firme mediante de 5 centímetros de espesor en ancho completo de carril.
Nalgúns treitos é necesario combinar varias destas solucións técnicas, executando unha eliminación parcial e reposición do firme seguida dun recrecemento da capa de rodaxe, co fin de ofrecer unha resposta máis eficaz ás necesidades específicas de cada tramo.
Actuación global
Belén do Campo puxo en valor "o inxente esforzo da Xunta en materia de conservación e mantemento da rede viaria de 5.500 km de estradas para garantir a seguridade".
"Temos claro que é importantísimo investir neste eido cunha folla de ruta en planificación para a conservación e reforzos de firme que estamos a executar cos correspondentes orzamentos”, dixo.
Este ano a Xunta destina un investimento histórico de 71,6 M€ a tarefas de conservación e mantemento de vías.
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- El alcalde de Ames califica de excepcional la escasez de agua y pide tapar provisionalmente la fuga en la presa de A Ponte Maceira
- La maldición de las nubes en la costa de Lugo: 'Aquí tenemos el eclipse más largo porque ya empezó a las 8 de la mañana
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Los viajes de fin de etapa cambian su rumbo en Santiago: las agencias digitales impulsan el Interrail y los 'Pasos de Ecuador' para celebrar el fin de etapa
- Retenciones de hasta 6 kilómetros en Padrón
- La ruta aérea Santiago-Nueva York consolidará su presencia en Lavacolla