A familia do artista alemán Theodor Schücker dóalle a Malpica obras que pintou na súa estadía na vila en 1966
As acuarelas, linogravados, gravados sobre madeira e fotografías do autor constitúen un extraordinario testemuño da vila de hai case seis décadas

Eduardo Parga, diante, á dereita, con familiares de Theodor Schücker, sostendo dúas das obras doadas. / Cedida
O Concello de Malpica incorporou ao seu patrimonio cultural unha valiosa colección artística grazas á doazón realizada pola familia de Theodor Schücker, artista alemán que atopou nesta localidade de Bergantiños unha fonte de inspiración durante a súa estadía na vila no verán de 1966.
A entrega oficial tivo lugar na casa consistorial, onde o alcalde, Eduardo Parga, recibiu familiares do autor, entre eles á súa filla, quen formalizou a doazón dunha selección da coñecida como Colección Malpica.
Theodor Schücker (1906-1992), mestre de Matemáticas, Historia e Belas Artes, foi tamén un apaixonado da pintura, a fotografía e o gravado.
A súa visita a Malpica marcou profundamente a súa traxectoria artística. A paisaxe costeira, a forza do mar, a vida mariñeira e, especialmente, a hospitalidade da veciñanza inspirárono para crear numerosas acuarelas, linogravados, gravados sobre madeira e fotografías que hoxe constitúen un extraordinario testemuño da Malpica de hai case seis décadas.
Durante o encontro, o alcalde agradeceu á familia a súa xenerosidade e o feito de escoller Malpica como destino definitivo deste legado artístico.
“Esta doazón supón unha enorme satisfacción para o noso municipio. Non só incorporamos unhas obras de gran valor artístico, senón tamén un legado que retrata unha parte da nosa historia recente desde a mirada dun artista que soubo apreciar e plasmar a esencia de Malpica", sinalou o rexedor.
"Quero agradecer á familia Schücker, e de maneira especial á súa filla, este xesto de cariño e confianza cara ao noso pobo”, destacou Eduardo Parga.
A denominada Colección Malpica pasa así a formar parte do patrimonio do Concello, contribuíndo á conservación da memoria histórica, cultural e etnográfica do municipio.
Co obxectivo de compartir este legado con toda a cidadanía, o Concello xa traballa na organización dunha exposición pública, na que se exhibirá unha selección das obras do artista.
A mostra permitirá que veciños e visitantes descubran a visión que Theodor Schücker deixou de Malpica a través da súa sensibilidade artística, converténdose tamén nun novo atractivo cultural para o municipio.
"Esta doazón constitúe un exemplo do profundo vínculo que Malpica é capaz de crear con quen a visita e confirma o valor da arte como ferramenta para conservar a memoria e proxectar a identidade dun pobo ao longo do tempo", dixo o alcalde.
- El alcalde de Ames califica de excepcional la escasez de agua y pide tapar provisionalmente la fuga en la presa de A Ponte Maceira
- La terraza a una hora de Santiago donde comer en un molino de 1754 casi sobre el río: con Solete Repsol y junto a una cascada
- Padrón desinfectará en profundidad las calles del casco urbano
- Cuatro menores heridos en Teo al colisionar un turismo y un camión
- Prisión para 23 de los 26 detenidos en la operación en la que se decomisaron 1.600 kilos de cocaína en Muxía
- De Arzúa a Ames, los concellos del cinturón compostelano viven una tarde irrepetible
- El eclipse en Santiago, una sinfonía en clave de sol
- El barrio de Sar en Santiago se prepara para sus fiestas grandes: 'Aquí coñecémonos practicamente todos, somos como unha gran familia