Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Robótica, expresión corporal e contacontos en catro idiomas: así veranean os cativos no campamento da Laracha

Medio cento de nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria participan en actividades en galego, castelán, inglés e francés

Nenos e nenas do campamento de verán Divercamp da Laracha.

Nenos e nenas do campamento de verán Divercamp da Laracha. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Laracha

Medio cento de nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria participan esta semana na Laracha no campamento de verán Divercamp, que inclúe unha ampla variedade de actividades educativas, creativas e lúdicas.

Os cativos reforzan a aprendizaxe de idiomas con contacontos en galego, castelán, inglés e francés. Ademais, participan en actividades de robótica, manualidades, música e movemento, bailes, xogos e obradoiros de instrumentos musicais, expresión corporal e intelixencia emocional.

Todas as propostas están deseñadas para estimular a súa curiosidade, creatividade e participación.

A combinación de propostas permite que os nenos desenvolvan novas habilidades, ao tempo que comparten experiencias cos seus compañeiros, favorecendo valores como a convivencia, a cooperación e o respecto nun ambiente dinámico e participativo.

O tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e a concelleira Patricia Bello visitaron as instalacións do IES Agra de Leborís para reunirse co grupo de rapaces e interesarse polo desenvolvemento do programa.

O Divercamp é unha das actividades que conforman a programación estival organizada polo Concello, que continúa tendo unha excelente acollida entre as familias, ao propoñer alternativas adaptadas a diferentes intereses e idades.

A ampla oferta de campamentos, reforzada neste verán, logra ofrecer aos máis pequenos espazos de lecer enriquecedores durante as vacacións, ao tempo que favorece a conciliación das súas familias.

TEMAS

Tracking Pixel Contents