Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ames prepárase para a eclipse do 12 de agosto

O Concello reparte máis de 3.000 gafas homologadas e lembra os riscos que pode supoñer non empregalas

Personas con gafas de eclipse

Personas con gafas de eclipse / SITEMINDER

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

O Concello de Ames prepara varias iniciativas para que a veciñanza poida gozar da eclipse do 12 de agosto. Segundo o Observatorio Astronómico Nacional, o eclipse do vindeiro mércores 12 de agosto poderase ver ata nun 99,96% da súa totalidade. Este evento astronómico sen precedentes comezará ás 19.31 horas da tarde, alcanzando o punto máximo da eclipse ás 20.29 horas.

Para a correcta visualización da eclipse, dende o goberno municipal xa puxeron a disposición das persoas empadroadas no municipio un total de 2.000 gafas especiais homologadas. Para os veciños que non puidesen facerse con unhas, o Goberno local puxo 1.600 unidades máis nos nas Casas da Cultura de Bertamiráns e O Milladoiro, que poden ser recollidas en horario de oficina.

As mellores localizacións

O departamento de Medio Ambiente do Concello de Ames, en colaboración con Ramón Iglesias Marzoa, veciño da aldea de Castelo e astrofísico no Observatorio Astrofísico de Javalambre (Teruel), identificou tres dos mellores lugares do municipio para observar a eclipse do vindeiro mércores, 12 de agosto: o parque do Milladoiro, a contorna do campo da festa e do edificio de usos múltiples de Bugallido e o miradoiro do Bosque do Peregrino, na aldea de Ventosa.

Dende a administración local lembran o gran risco que supón empregar materiais que non estean específicamente deseñados para a observación solar como gafas de sol tradicionais, radiografías ou gafas de soldador. Lembran, tamén, que non está recomendado acceder ás zonas forestais para ver a eclipse debido ao risco de incendio ao que se enfronta Galicia durante o verán.

Estimacións do eclipse total en Ames.

Estimacións do eclipse total en Ames. / Observatorio Astronómico Nacional

Tracking Pixel Contents