Catorce mozos de cinco países poñen en valor o Castro de Montes Claros e a contorna do menhir de Erboedo, na Laracha
Os participantes no campo de voluntariado internacional proceden de Madrid, A Coruña, Zaragoza, Granada, Murcia, Badajoz, Vigo, Italia, Colombia, Francia e Xapón

Participantes no campo de voluntarido internacional da Laracha. / Cedida
O novo campo de voluntariado internacional que organiza o Concello da Laracha co apoio da Xunta comezou o pasado luns, 3 de agosto, e prolongarase ata o día 14.
Nesta ocasión reúne catorce mozos de entre 18 e 30 anos de idade, procedentes de Madrid, A Coruña, Zaragoza, Granada, Murcia, Badajoz, Vigo, Italia, Colombia, Francia e Xapón, favorecendo así o intercambio cultural que caracteriza este tipo de iniciativas.
A gran novidade deste ano é a ampliación das actuacións ao entorno do menhir de Erboedo, destacado elemento patrimonial de titularidade municipal.
Nese lugar estase traballando na recuperación ambiental do espazo mediante labores centradas especialmente na eliminación de eucaliptos.
Ademais, continúase cos traballos no Castro de Montes Claros similares aos realizados en edicións anteriores e consistentes na limpeza manual dos afloramentos rochosos.
Para unha correcta realización deses labores, os voluntarios están dirixidos por un equipo de monitoras especializadas e con supervisión arqueolóxica. De feito, antes de comezar a actuar recibiron formación específica sobre a os dous puntos de intervención.
O tenente de alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e a concelleira de Xuventude, Patricia Bello, deron a benvida aos voluntarios no propio Castro de Montes Claros, desexándolles unha boa estancia e agradecéndolles a súa implicación nun programa que combina formación, convivencia e compromiso coa conservación e difusión do patrimonio cultural e natural do municipio.
O aloxamento dos voluntarios é no albergue habilitado polo Concello no centro cociocultural de Santa Margarida (o antigo Hospital dos Peregrinos de Montemaior), desde onde se desprazan cada día aos lugares de intervención.
Polas mañás realízase o traballo específico nos puntos de actuación e, polas tardes, o programa complétase cun amplo calendario de actividades educativas, culturais e de lecer que inclúe visitas a diferentes puntos da Costa da Morte e outros lugares de Galicia, práctica de deportes acuáticos, sendeirismo e actividades que os acheguen á música tradicional galega entre outras experiencias orientadas a favorecer o coñecemento da contorna, da cultura e da historia do municipio.
Os campos de voluntariado como o que organiza cada verán o Concello da Laracha co apoio da Xunta ofrecen á mocidade a oportunidade de vivir unha experiencia de participación activa ao servizo da comunidade, fomentando valores como a cooperación, a convivencia intercultural e o respecto polo patrimonio e polo medio ambiente, ao tempo que contribúen á conservación de espazos de gran valor histórico.
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- El Concello de Santiago repartirá gratis 2026 gafas para ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Aemet despeja la gran duda del eclipse en Galicia: casi todo el cielo estará despejado salvo en una zona
- Más de una docena de detenidos en Muxía, entre ellos un guardia civil, tras el decomiso de 1,5 toneladas de cocaína