Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Educación instalará un novo ascensor no CEIP Milladoiro de Malpica que permitirá un aforro enerxético do 75%

A actuación conta cun investimento de 36.000 euros e estará rematada en outubro

Belén do Campo, no centro, e Eduardo Parga, xunto ao actual ascensor do CEIP Milladoiro.

Belén do Campo, no centro, e Eduardo Parga, xunto ao actual ascensor do CEIP Milladoiro. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Malpica

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Malpica, Eduardo Parga, visitou este xoves o CEIP Milladoiro para anunciar unha actuación de renovación do seu ascensor cun investimento de máis de 36.000 euros.

As obras executaranse no marco do Plan Ben_Estar 2026, co obxectivo de seguir renovando as infraestruturas educativas e ofrecer espazos máis seguros, funcionais, inclusivos e sostibles para toda a comunidade educativa.

Este CEIP conta con 154 alumnos e foi construído hai 36 anos, sendo un centro moi activo xa que o ano pasado participou en programas como E-Dixgal, Lectura e Familias, Navega con Rumbo, Plambe, Plan Proxecta, Polos Creativos ou Radio Biblio.

A intervención consistirá na instalación dun novo ascensor cunha unha capacidade para oito persoas e dispón de tres paradas con embarque sinxelo, facilitando a comunicación entre as diferentes plantas do edificio. Ademais, incorpora un sistema de nivelación de precisión e comunicación bidireccional na cabina para reforzar a seguridade das persoas usuarias.

Entre as melloras executadas inclúense tamén a instalación de portas automáticas telescópicas de dúas follas con acabado en aceiro inoxidable e unhas dimensións que garanten a accesibilidade universal.

Con este novo ascensor está previsto un aforro do coste enerxético do 75% e a previsión é que esté en funcionamento o vindeiro mes de outubro.

Do Campo e Parga estiveron acompañados na súa visita pola directora do centro, Ana Seoane.

A Consellería de Educación ten previsto executar 329 obras en toda Galicia por un importe de 7,2 millóns de euros. Na provincia da Coruña o Plan Ben_Estar contempla 162 obras por un importe de case 2,8 millóns de euros. Nas comarcas de Bergantiños e Costa da Morte realizaranse 35 actuacións nos concellos de Malpica, Cabana de Bergantiños, A Laracha, Coristanco, Laxe, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Ponteceso, Vimianzo e Zas cun importe de máis de máis de 630.000 euros.

Tracking Pixel Contents