Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Estrada remata o plan de asfaltado rural tras investir máis de 2 millóns de euros

As actuacións permitiron mellorar 75 vías municipais en 33 parroquias e executar un plan de bacheos en preto de 200 infraestruturas

Visita do alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, ás obras nos camiños rurais.

Visita do alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, ás obras nos camiños rurais. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

O Concello da Estrada vén de rematar o plan de asfaltado rural cun investimento de máis de 2 millóns de euros. Con esta actuación melloráronse 75 vías municipais en 33 parroquias durante o último ano e executouse un plan de bacheos en preto de 200 infraestruturas.

O concello conta con máis de 2.000 quilómetros de estradas municipais sobre as que o goberno local continúa desenvolvendo un plan por fases para avanzar na mellora das comunicacións rurais. Dende o goberno municipal avanzan que xa está encamiñada unha nova fase de asfaltado, cun investimento maior ca o da última fase e que será anunciada nos próximos días.

O alcalde estradense, Gonzalo Louzao, remarcou a importancia da mellora da rede viaria, que será "unha das prioridades do mandato". Desde o Concello estase a deseñar, ademais, un plan específico para vías do casco urbano: “Temos que ir por fases e programando en función das necesidades e prioridades, pero todas chegarán”.

Este tipo de actuacións permiten ofrecer mellores condicións de circulación e maior seguridade viaria. Deste xeito, centos de veciños poden desfrutar dunha mellor accesibilidade nas comunicacións entre os diferentes núcleos de poboación.

Lugares de actuación

O último paquete de melloras, cun importe próximo aos 800.000 euros, desenvolveuse en 40 vías das seguintes 23 parroquias:

• Toedo: Toedo, Cerrada das Carballas, O Soutiño, O Soutiño-Igrexa e A Carballa.

• San Pedro de Ancorados: O Foxo e O Foxo-Penalba.

• Callobre: Ponteliñares-Moreira (Devesa) e Ponteliñares.

• Guimarei: A Torrevella.

• Santo André de Vea: Trazaríns-Cardelle e Cardelle.

• San Xiao de Vea: Vilanova.

• San Tomé de Ancorados: Igrexa.

• Aguións: A Raxeira, O Codeso e A Frieira.

• Vinseiro: Vis de Correa.

• Matalobos: Guendos e Saiñas.

• Remesar: Aldea Grande e A Rabeta.

• Santeles: Viasque, Sar e Fondevila.

• Berres: Altiño de Berres.

• Orazo: Riomao-Vendexa e Vendexa.

• Arnois: Gundián.

• Loimil: Loimil (Igrexa).

• Rubín: Bemposta.

• Cora: Cora.

• Lagartóns: Os Tatos e O Viso.

• Codeseda: Barro e Vilaboa.

• Nigoi: O Pazo.

• San Miguel de Castro: Igrexa.

• San Miguel de Barcala: Negreira e Cimadevila.

Tracking Pixel Contents