Mar avanza na integración do porto e a vila de Malpica coa instalación dunha marquesiña con catro bancos
A conselleira Marta Villaverde visitou a estrutura, de nove metros de lonxitude, acompañada do alcalde, Eduardo Parga

Marta Villaverde, sendada con Eduardo Parga, á súa esquerda, nun dos bancos da nova marquesiña. / Cedida
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de avanzar na integración entre o porto de Malpica e o conxunto da vila coa instalación dunha marquesiña pública na zona portuaria.
A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou este venres a zona para detallar esta actuación que dá resposta á petición da veciñanza.
Villaverde, que estivo acompañada pola presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, e polo alcalde, Eduardo Parga, explicou que esta nova infraestrutura non só proporciona resgardo fronte ás inclemencias meteorolóxicas ás persoas que transitan polo porto, senón que contribúe tamén á ordenación do propio solo portuario.
Non en van, a instalación favorece a estancia confortable e segura dos peóns neste punto minimizando o tránsito peonil polo interior do peirao.

A marquesiña mide nove metros de longo e está dotada de catro bancos. / Cedida
A actuación executada mellora a accesibilidade e confort dos usuarios, con especial atención ás persoas xubiladas, que presentan unha maior vulnerabilidade fronte ás inclemencias meteorolóxicas.
A conselleira subliñou que se trata dunha actuación de baixo impacto construtivo e elevado interese social, aliñada cos principios de accesibilidade universal, seguridade, integración porto-cidade e fomento do uso social do porto como espazo de convivencia e esparexemento.
En canto ás súas características técnicas, trátase dunha a marquesiña acristalada de 9 metros de longo por 2,5 de ancho, con catro bancos con capacidade para tres persoas cada un, e o investimento na construción e na instalación foi de 25.000 euros.

Marta Villaverde, terceira pola esquerda, con representantes da confraría de Camelle, en Camariñas. / Cedida
Por outra banda, Marta Villaverde desprazouse tamén a Camariñas para reunirse cos representantes da confraría de Camelle, no marco do proceso de escoita activa que mantén co sector.
A Consellería mantén un contacto permanente coas distintas confrarías e organizacións de produtores galegas para coñecer, de primeira man, os seus retos de futuro.
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Cambio de tiempo en Galicia: un frente activo dejará lluvias generalizadas y un descenso de las temperaturas