Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ames pecha dez días de festa no Milladoiro e Bertamiráns

As Festas da Madalena e da Peregrina congregaron milleiros de persoas ao longo de dez días de celebracións en Ames

Actuación de Familia Caamagno no Milladoiro.

Actuación de Familia Caamagno no Milladoiro. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

O programa «Ames en Festas» remata tras encadear dez días de celebracións coa Festa da Madalena de Milladoiro e a Peregrina de Bertamiráns. As celebracións contaron con actividades para todos os públicos e a resposta da veciñanza estivo á altura do cartel, cunha gran afluencia de asistentes durante as diferentes xornadas deste programa conxunto

Festas da Madalena

O festival Millarock, celebrado o 31 de xullo, foi o encargado de dar o pistoletazo de saída a estas festas coas actuacións de Sr Salvaje, Tentáculo Rock, Familia Caamagno, Extrema Función e Factoría de Subsistencia. Miles de persoas déronse cita no Milladoiro para desfrutar das diferentes actividades e propostas musicais, como a festa infantil para a cativada ou as noites de verbena, amenizadas por formacións e artistas de primeiro nivel, como a orquestra Olympus ou o DJ Kike Varela.

Rapaces actuando no Millarock.

Rapaces actuando no Millarock. / Cedida

O encargado de dar o pregón inicial das festas da Madalena foi o presidente da SD Milladoiro, José Manuel Dacosta. O club rematou unha tempada que pasará á historia da institución, conseguindo o título de liga cos dous equipos xuvenís e acadando os ascensos á Liga Galega por parte do Xuvenil A e á Segunda Futgal por parte do Xuvenil B.

Festas da Peregrina

Bertamiráns, pola súa parte, comezou as Festas da Peregrina o mércores 5 de agosto. Os momentos máis destacados dos cinco días de festexos na vila foron o concerto de De Ninghures no parque do Ameneiral, o venres 7, e a verbena coa orquestra París de Noia, o xoves 6.

Tamén rexistrou unha gran afluencia de público a segunda edición do Festival Emerxente, cun cartel conformado por artistas de Ames e da súa contorna, como Lg1do, Alddara, Fran Saint Laurent, Metan e Dupliss. Outra xornada destacada foi a da Romaría Urbana, que contou con diversas actuacións musicais, postos para xantar e obradoiros ao longo de toda a tarde do sábado 8 de agosto.

O pregón de peche das festas correu a cargo de Isolina Martínez, veciña de Bertamiráns de 88 anos, que fixo referencia no seu discurso á evolución de Ames nas últimas décadas, un municipio onde «hai de todo».

O alcalde de Ames e concelleiro de Cultura, Blas García, recalcou que «Ames ten unhas festas para todas e todos, sen ideoloxía, que buscan dinamizar as nosas rúas e activar a economía da vila. A proposta que fixemos este ano en canto a cartel é difícil de igualar e máis difícil aínda de superar».

Tracking Pixel Contents