Bancos, senda empedrada e aparcadoiro: así é o novo balcón para escoitar o ronquido do mar en Ponteceso
Cento seis anos despois da súa posta en marcha, o faro do Roncudo loce renovada imaxe tras unha restauración integral
As críticas de varios colectivos ecoloxistas levaron á Autoridade Portuaria da Coruña a retirar do proxecto os miradoiros

o faro do Roncudo tras a súa rehabilitación. / Cedida
No ano 1920 entraba en funcionamento en Corme o faro de Ponteceso, unha torre de 11 metros de altura situada na coñecida como Punta do Roncudo, un topónimo que, segundo os especialistas, ten a súa orixe no ronquido continuo do mar nese tramo costeiro.
O pasado mes de abril, a Autoridade Portuaria da Coruña puxo en marcha os traballos de restauración do emblemático Faro do Roncudo e da posta en valor da súa contorna, cun investimento de máis de 170.000 €.

Renovado acceso ao faro do Roncudo. / Cedida
O prazo de execución era de seis meses, pero as obras xa remataron e permiten aprezar a transformación deste espazo de gran beleza paisaxística.
A actuación na estrutura consistiu nunha mellora integral da baliza, coa substitución da escaleira interior, melloras no sistema eléctrico, pintado da porta, restauración da fachada e reforzo da pintura e da varanda da terraza.
No exterior acondicionáronse os accesos, instalouse mobiliaro urbano e creouse unha área de aparcamento para unha vintena de vehículos.

Novos accesos ao faro do Roncudo. / Cedida
O proxecto de restauración deseñouse baixo unha premisa fundamental baseada no respecto absoluto pola natureza. Deste xeito, a intervención tiña como finalidade garantir que a contorna permanecera exactamente como estaba, mantendo a súa riqueza paisaxística e medioambiental.
O proxecto contemplaba a instalación de estruturas de aceiro e reixa para crear dous miradoiros, pero, finalmente, as críticas de varios colectivos ecoloxistas levaron á Autoridade Portuaria a retiralas do proxecto.
O acceso peonil ao faro, de algo máis de cen metros e que estaba asfaltado, foi empedrado. Así mesmo, pavimentouse o acceso de vehículos.

Un dos bancos instalados na contorna do faro. / Cedida
A escultura do percebeiro, que estaba instalada no peirao, detrás das casetas dos usuarios, foi reubicada preto das cruces brancas que homenaxean os que perderon a vida no lugar, para reforzar o seu vínculo coa historia e a tradición local.
Esta dignificación da escultura era unha demanda dos percebeiros. Ahora, a obra (que representa un percebeiro faenando) está sobre unhas rochas, a uns cen metros do faro.

Operarios instalando a escultura do percebeiro sobre as rochas. / Cedida
"Esta non será a única actuación que se desenvolva neste espazo, senón que haberá unha segunda fase para seguir avanzando na posta en valor dunha contorna que atrae, ano tras ano, milleiros de visitantes", asegura o alcalde, José Manuel Mato.
Ao respecto, o rexedor explica que técnicos da Autoridade Portuaria e do Concello traballan xa no deseño de novas actuacións, consistentes na mellora dos accesos.
Neste sentido, Mato dixo que unha das actuacións previstas é a mellora do firme da estrada de acceso ao faro dende Corme, para "solventar deficiencias". Trátase de dúas curvas nas que a cesión do terreo afectou ao peralte da vía.
- Muere Manuel Peleteiro Ramos, hijo de los fundadores del Colegio Peleteiro de Santiago
- Medio Ambiente detecta un auge de la pesca eléctrica en los ríos gallegos: «No me esperaba que hubiese tanto furtivismo de este tipo»
- Las nueve medidas con las que el candidato del PP Borja Verea quiere convertir Santiago en 'la mejor capital de Europa' para las familias
- El primer bar vikingo de Santiago abre con un barco a tamaño real como barra: 'Va a ser algo nuevo en la ciudad
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- Dos jóvenes acaban en el hospital tras sufrir violentas agresiones en las fiestas de A Mercé de Conxo
- Hallan en el convento pontevedrés de Santa Clara un cerebro saponificado, restos de niños y el cadáver de un capellán
- Santa Minia de Brión 2026: Luar na Lubre, Olympus y Finisterre en la primera edición como Fiesta de Interés Turístico de Galicia