Do mundo mariño ao espazo infinito: así exploran as emocións e a curiosidade os cativos da Escola de Verán de Ames
Case 200 nenos e nenas participan nesta primeira quincena de agosto

Participantes nunha das actividades da Escola de Verán de Ames. / Cedida
O pasado 1 de agosto daba comezo en Ames unha nova quincena da Escola de Verán, unha das actividades de conciliación máis clásicas durante a época estival, e que este ano se está a desenvolver no CEIP da Maía, no CEP de Ventín e na EEI do Milladoiro.
Durante este período, participan un total de 191 nenos e nenas no programa, 28 máis que na edición anterior nestas datas. A programación durante esta segunda quincena de xullo ten como eixo central a igualdade.
A Escola de Verán é un programa de conciliación que ten como obxectivo ofrecer unha alternativa de ocio e tempo libre aos nenos e nenas do concello de Ames durante o período estival, cunha ampla oferta de actividades dirixidas a fomentar a convivencia, a aprendizaxe, a tolerancia e a integración a través de diferentes xogos e exercicios, e sempre dende o punto de vista lúdico e creativo. Como vén sendo habitual, o programa inclúe os servizos de comedores e Bos Días.
Datos de participación
A Escola de Verán volve a contar un ano máis cunha gran participación. O número total de usuarios/as é de 1.076, aínda que hai que ter en conta que moitos dos nenos e nenas repiten participación en varias quincenas do programa.
A participación está dividida por quincenas. Deste xeito durante a primeira quincena do mes de xullo participaron 368 usuarios/as: 192 no CEIP A Maía, 92 na EEI Milladoiro, e 84 no CEP de Ventín. Na segunda quincena de xullo houbo unha participación de 316 usuarios/as: 167 no CEIP A Maía, 80 na EEI Milladoiro, e 69 no CEP de Ventín.
No que se refire ao mes de agosto, hai 392 inscricións feitas tendo en conta tamén as dúas quincenas. Durante a primeira quincena do mes de agosto están participando 191 usuarios/as: 89 no CEIP A Maía, 50 na EEI Milladoiro, e 52 no CEP de Ventín.
Na segunda quincena de agosto haberá unha participación de 201 usuarios/as: 98 no CEIP A Maía, 49 na EEI Milladoiro, e 54 no CEP de Ventín. As inscricións da segunda quincena o mes de agosto son provisionais porque hai familias que aínda poden darse de baixa. Teñen que facelo con 5 días antes de antelación ao comezo do servizo.
Temáticas da Escola de Verán
Como cada edición, a Escola de Verán conta cunha temática principal na que xiran todas as actividades. Este ano, a temática escollida foi O mapa das emocións: aventuras para crecer. A partir de aí, cada quincena contou coa súa propia dinámica, empezando os primeiros quince días de xullo con No fondo do mar. Neste tramo, os nenos e nenas descubriron as emocións básicas a través da exploración do mundo mariño e o traballo en equipo.
Na parte final de xullo, os usuarios e usuarias protagonizaron Viaxe ao espazo infinito, unha iniciativa na que puideron potenciar a imaxinación, a autoestima e a curiosidade mediante a simulación dunha expedición intergalática.
Os nenos e nenas abordaron a ciencia básica, o pensamento creativo, a resolución de conflitos, a igualdade, o traballo en equipos e a expresión corporal.
Actualmente, nestes primeiros días de agosto, a Escola de Verán traballa a temática O circo máxico da amizade, onde se fomenta a inclusión, o respecto e a expresión corporal a través das artes escénicas.
Para finalizar o mes, os nenos e nenas levarán a cabo A volta ao mundo en 10 días, unha iniciativa na que se promoverá a diversidade cultural, a tolerancia e a aprendizaxe de novos contextos socioculturais.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson